18.11.05
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Canto máis coñezo os artistas máis penso que Kant tiña razón, que a ética e a estética son efectivamente eidos diferentes, que hai algún cabrón que pode facer obras artísticas fantásticas e que detrás dunha gran obra non sempre hai unha gran muller ou un gran home.
Pero a pesar da miña experencia, a pesar do que me dicta a razón, hai algo dentro de min que se segue resistindo a crer iso, que continua pensando que detrás dos grandes, dos verdadeiramente grandes, sempre hai unha gran persoa.
Serei un estúpido idealista ou simplemente un total ignorante do mundo artístico?
Comments:
Publicar un comentario