<$BlogRSDURL$>

3.11.05

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel


A finais do ano corenta e cinco, Fernand Léger regresa a unha Francia destruida pola II Guerra Mundial coa esperanza de que do fracaso desa guerra puidera nacer unha sociedade máis xusta e amable.


nombre


Esta pintura, Os constructores, pertence a unha serie que Leger realiza nos anos cincuenta. Os Constructores é unha obra que aspira a chegar a todo o mundo, unha obra "accesible", facilmente comprensible que ven a representar a expresión en pintura dun esforzo humano capaz de levantar obras xigantescas.

Esta imaxen creada por Léger lémbranos ás fotos que inmortalizan aos obreiros sobre as vigas dos que serán os rañaceos da cidade de Nova York.



nombre


Léger coñecía perfectamente esta cidade xa que nos anos corenta marchará de Francia rumbo Estados Unidos fuxindo da ocupación nazi. A cidade de Nova York coa súa apoteose vertical, tería para Léger unha elegancia descoñecida, espontánea, non pretendida, que se desprendería da súa planimetría xeométrica e das súas rúas cheas de vida.

A metrópole americana era unha gran máquina e Léger ve nesta máquina un símbolo positivo, un modelo capaz de enxendrar unha nova beleza. Tal é a fascinación por esta cidade que Léger chegará a dicir dela que era: O máis colosal espectáculo do mundo.


Os constructores
é unha obra de gran formato, un gran óleo sobre tea que recorda á pintura mural da que Léger tanto gostaba. Os obreiros son os protagonistas deste "olimpo proletario" urbán no que as figuras macizas se monumentalizan, recortándose do fondo mediante un xogo de cores planos e fortes siluetas negras. Unha obra amable con moito de "praxe" e pouco de "metafísicas".



|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License