20.1.05
Tacho e volto e escribir. Escribo isto mentras espero a que me atendan na cafetería. As esperas en solitario resúltanme moi incómodas, mentras o resto da xente está inmersa en corversas que sen nengunha dúbida trocaran o curso da historia eu miro para o aire, para o teito, para a fiestra, para a mesa, para o chan e para a rapaza con pintas de interesante que está de costas a min.
Xeralmente me abstraío da espera sumerxíndome nas columnas dalgún xornal, pero hoxe non hai diario libre, así que de volta a mirar ao aire, ao teito, á fiestra, á mesa, ao chan e á rapaza con pintas de interesante.
Canso xa de mirar saquei a miña axenda azul e púxenme a escribir. Algunha persoa da cafetería seguro que se preguntou que carallo escribía con tanto interse. Se soubesen que era so isto, un instante atrapado, algo tan típicamente burgués, Proust en postadolescente ou narrativa breve impresionista para medio dixital.

Xa se achega Juan, a persoa que pon fin a este relato interrumpido pola realidade.
Comments:
Publicar un comentario