11.1.05
Por suposto o filme non era La importancia... pero isto ao habitual de PERIFÉRICOS non lle debe sorprender. Dinme conta do erro cando vin que na pantalla saía o emblema da mítica casa francesa PATHÉ, en vez de La importancia... entrara a ver Los niños del coro.
Eu xa vira este filme en versión orixinal con subtítulos (neste caso recomendo este tipo de visionado) en CINEUROPA no santiagués Teatro Principal. Precisamente a semana pasada falara del cun amigo cinéfilo (dos de verdade) e comentábamos que sería moi interesante a comparazón entre este filme e a subtrama de La Mala Educación (flamante premio da Crítica Neoiorquina) que se desenvolve no internado. Unha mesma época filmadas dende concepcións opostas. A lembranza infantil resentida de Almodóvar frente o recordo tenro pero sen concesións de Barratier.
Los niños del Coro é un conto marabilloso, deses que tan ben sabe facer o cine francés últimamente, que relata a vida nun internado de rapaces nos tempos da posguerra. Un conto marabilloso que por certo remata nunha atípica parada de bus (Los niños del coro non podería rematar nun aeroporto) e que eu gracias a un erro puiden disfrutar por segunda vez para voltar a casa cun sorriso nos beizos e sen poder parar de lembrar a súa preciosa banda sonora.
Axenda Cultural
A investigadora da USC Belén Castro Fernández pronunciará este mércores, día 12, ás 20:00 horas na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia, a conferencia ‘A promoción do Camiño de Santiago nos anos 50 e 60, restauracións e rehabilitacións’ enmarcada no I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte.
Belén Castro centrará a ponencia na súa liña de investigación en torno á recuperación do patrimonio cultural en Galicia no século XX, dándolle maior relevancia ás actuacións do arquitecto Pons Sorolla. A revitalización progresiva producida no Camiño de Santiago durante a segunda metade do século XX estivo vinculada coa celebración dos sucesivos Anos Santos Xacobeos. Así, con motivo da conmemoración de dous deles, en 1954 e 1965, promoveuse a ordenación urbanística e a restauración de importantes zonas e monumentos nas rutas de peregrinación. Sen dúbida, como porá de manifesto Belén Castro na súa conferencia, a chegada do Camiño Francés a Santiago, a entrada da Ruta Portuguesa a Galicia por Tui e o traslado da poboación de Portomarín na Vía Francíxena constitúen tres áreas de necesario estudo para a súa valoración.
Este mércores tamén tomará a palabra o becario de investigación Manuel Segade Lodeiro cunha comunicación titulada ‘Historia do corpo’.

Comments:
Publicar un comentario