17.1.05

Axenda cultural
O profesor do Departamento de Historia da Arte da USC, Antonio Garrido Moreno, participará este mércores, día 18, no I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte do Departamento de Historia da Arte. A súa intervención, que terá lugar ás 20:00 horas na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia, leva por título ‘Tradición e innovación tecnolóxica na arte do século XX. Da obra gráfica á gráfica dixital’.
Seguindo a súa liña de investigación do estudo da arte do século XX, Antonio Garrido tomará como punto de partida a historia da obra gráfica tradicional para desenvolver a súa evolución ata a gráfica dixital. Paralelamente fará unha reflexión sobre a aparición doutras novas técnicas creativas englobadas na ‘Gráfica dixital’ e a súa incidencia en aspectos específicos do sistema artístico do século XX.
Na conferencia intervirá tamén a bolseira de investigación Pilar Díez del Corral cunha comunicación titulada ‘¿Qué nos din os vasos gregos?’.