<$BlogRSDURL$>

24.1.05

En Todo sobre mi madre a pecurialiridade das situacións está envolta polo drama dunha maternidade tráxica, unha maternidade que provoca dor. Tema que aparece reflexado nun dos intertextos que Almodóvar inserta na película, o extraído da montaxe teatral Haciendo Lorca de Lluis Pascual, un texto que mixtura Bodas de Sangre e Yerma:

HUMA. Hay gente que piensa que los hijos son cosa de un día. Pero se tarda mucho. Mucho. Por eso es tan terrible ver la sangre de un hijo derramada por el suelo... Una fuente que corre durante un minuto y a nosotras nos ha costado años. Cuando yo descubrí a mi hijo, estaba tumbado en mitad de la calle. Me mojé las manos de sangre y me las lamí con la lengua. Porque era mía. Los animales los lamen, ¿verdad? A mí no me da asco de mi hijo. Tú no sabes lo que es eso. En una custodia de cristal y topacios pondría yo la tierra empapada por su sangre.. (texto non incluido no guión orixinal do filme)

Almodóvar fálanos a través de Lorca do profundo pesar dunha nai que perde ao seu fillo, do desgarro que sentiu Manuela a perder a Esteban. Pero en Todo sobre mi madre a maternidade tamén provoca frustración pola incomprensión (como no caso da irmá Rosa e a súa nai) e morte (a relixiosa que morre ao dar a luz).

No discurrir narrativo da historia hai que destacar o protagonismo que no filme ten Manuela. Unha nai diferente ao resto de nais da filmografía de Almodóvar que en nada nos lembra á “muller popular” (interpretada por Chus Lampreave en La flor de mi secreto, pola nai do realizador manchego en Átame ou polas “galegas” de La mala educación) e que pouco ten que ver tamén coa glamourosa Becky del Páramo de Tacones lejanos. Manuela é unha muller de nacionalidade arxentina, bastante xoven, moi guapa e que está soa. Un persoaxe consistente e verosímil ao que da vida de xeito magnífico Cecilia Roth.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License