9.1.05
Dende o Bierzo, tradicional aspiración imperialista galega, chegánme novas deste curioso movemento político
MOVEMENTO MONÁRQUICO COROA GALEGA
|
MOVEMENTO MONÁRQUICO COROA GALEGA
MNCG é unha movemento nacional galego que cre que a monarquía é o forma de goberno que debe adoptar a nación galega.
A visión da monarquía do MNCG non é a da monarquía da nación española, Galicia non é un país mediterráneo, somos un país atlántico, e polo tanto miramos ao norte: Dinamarca, Noruega ou os Países Baixos son as nosas referencias: Monarquías comprometidas co pobo, lume ardente que mantivo o espírito nacional durante a ocupación nazi.
Alguén inxenuamente pode pensar que abondaría que o Rei de España for proclamado Rei de Galicia, pero nós non queremos reis estranxeiros, o noso país precisa a súa propia soberanía, polo tanto propugnamos a creación dunha dinastía real galega. Será unha Asemblea Constituínte do Reino de Galicia a que decida que dinastía debe constituír a familia real galega, esa mesma Asemblea decidirá tamén a nosa relación co Reino de España e coa Unión Europea.
Somos conscientes que somos un movemento pequeno, escasamente coñecido polo pobo galego, non recibiremos aloumiños dos nacionalistas nin dos monárquicos españois, pero non nos importa, temos un camiño por diante, longo... moi longo, e non renunciaremos ás nosas ideas.
Comments:
Publicar un comentario