30.12.04
Axóuxere:
Resume do 2004: O mar, camposanto insanciable
|
s.m. 1. Esfera de metal oca e cunha pequena abertura que leva dentro unha ou varias boliñas e que, ó ser axitada, produce son. Colgoulle un axóuxere no pescozo ó gato. 2. Xoguete que consiste nun axóuxere, xeralmente de plástico, unido a un pequeno mango. Non lle quíte-lo axóuxere ó neno, que chora.
Resume do 2004: O mar, camposanto insanciable

29.12.04
PERIFÉRICOS conectando " sen fíos" (wi-fi). ¡Canto corre o mundo carallo!
Resumo do 2004: Bombas, incertidume, ¿vida?, morte, traxedia e mentiras.
|
Resumo do 2004: Bombas, incertidume, ¿vida?, morte, traxedia e mentiras.

28.12.04
Un ano máis unha diotría máis.
Resumo do 2004: A reforma laranxa ou a resurrección do triunfo da acción social pacífica.
|
Resumo do 2004: A reforma laranxa ou a resurrección do triunfo da acción social pacífica.

27.12.04
"En el universo hortera maquillado de modernidad de Almodóvar echo en falta únicamente a Alfredo Landa como vecino del quinto de Rossy de Palma" (Antonio Burgos)
Resumo do 2004: O sorriso da guerra ...
Resumo do 2004: O sorriso da guerra ...

26.12.04
Lembrando lembrando...
Hoxe comeza todo
(La Voz de Galicia 12/08/2001)
|
Hoxe comeza todo
O FLUXO da marea destruíu o teu boneco, agora xa só é un montículo informe. Ti non comprendes onde vai, quizais marchou coa última onda. Miras para a túa man pedíndolle unha resposta. Pouco a pouco a area que tes fortemente apresada vai caendo no mar. Levantas a cabeciña. Ves como eu saio da auga e me achego a ti. Torpemente érgueste e das un paso, dous, tres, pero non podes chegar ao cuarto. Caes de cu e sorrís. Vólveste erguer. Estás cheo de area mollada, así que primeiro límpaste un pouco. Eu estou inmóbil cos brazos abertos esperando a que veñas. Ti comezas a andar de novo: un, dous, tres... logras camiñar ata sete pasos. Cando xa case rozabas a miña man, tropezache cunha pedra e ferícheste no nocello. Estás doído máis que mancado. Choras e berras, ¡que te escoite toda a praia! Vías tan preto a man... Tes unha pequena ferida, sangras un pouquiño. Eu cóllote co meu enorme brazo. Sopro un pouco na ferida e xa non sangras. Abraiado miras para a perna e logo miras para min. Voltas rir e eu tamén río. Báixote do meu colo e déixote só na area mollada. O teu rostro entristece. Érgueste para intentar seguirme. Xa levas máis de dez pasos, once, doce... Por fin consegues coller a miña perna. Eu douche a man e ti aprétala con tódalas túas forzas. Detrás de nós, o mar vai borrando as nosas pisadas. Na area xa non queda nada dos teus pequenos pés nin dos meus pés xigantescos. Da man camiñamos xuntos ata chegar á liña vintecinco. Máis non, que ti tes moita calor. Neste intre aínda non sabes que o que acabas de vivir non o esquecerás nunca. É o teu primeiro recordo, a túa primeira lembranza atrapada no meu primeiro relato. Para ti e para min, hoxe comeza todo.
(La Voz de Galicia 12/08/2001)
25.12.04
Xénero: Canción de nadal-homenaxe
Título: Os rescoldos da filosofía clásica e humanística a ritmo de hip hop
Séneca Erasmo
Séneca Erasmo
El de ERASMUS
Ela de SÉNECA
¿Ela de ERASMUS?
¿Eu de SÉNECA?

24.12.04
Que caralho sería da nossa vida se só estivesse cheia de silêncios.
|
Bom Natal Periféricos
22.12.04
Onte pola noite asomeime a fiestra a escoitar o rumor imperfecto da cidade. O patio mazá estaba asimétricamente iluminado polas vivendas. Eu fumba un pitillo, un Malboro de contrabando, ese tipo de tabaco que se podía mercar en calquera bar a comezos dos no noventa e que hoxe é un reducto de vodas, se ve que o sacramento lexítima esta ilegalidade. Este vicio deixoo sempre para cando verdadeiramente apetece, para despois da cea. A nota de cor e rudio do patio púñaa unha rapaza que estaba recollendo a roupa. Cando ela rematou a tarefa eu rematei o pitillo. Paralelamente pechamos as fiestras.
Pasoume pola cabeza que era unha mágoa non ter nese intre unha cámara para transmitir a sensación extraña que produce o patio no falso silencio da noite, afortunadamente hoxe tecleo un ordenador para contarcho.
21.12.04
Este amor
ya sin mi
te amará siempre
Axenda cultural
|
ya sin mi
te amará siempre
(Ángel González)
A vida rescata o que foi, o que non foi e o que non puido ser e móstracho para que aprendas a vivir e aceptes todo o que fixeches mal. Supoño que é o único xeito de que finalice a convalecencia das feridas provocadas pola paixón, aceptándoas e asumíndoas. Resulta inútil esquecer e fuxir porque as feridas sempre rematan por regresar e as lembranzas voltan a facerse carne.
Axenda cultural
O profesor de Historia da Arte da USC Federico López Silvestre intervirá este mércores, día 22, no I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte coa ponencia ‘O galeguismo decimonónico e a divulgación da paisaxe (1840-1931)’. A súa intervención terá lugar na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia ás 20:00 horas.
Na conferencia Federico López falará da idea da paisaxe en Galicia tomando como punto de partida a existencia de catro prácticas paisaxeiras fundamentais como son a lingüística, a literaria, a xardineira e a pictórica. A unión de todas estas non se produce en Galicia ata finais do século XIX e principios do XX, amosándose neste momento coma unha temática de relevante éxito. Na conferencia tratarase de poñer en claro cales foron as causas de dita aceptación, téndose en conta sobre todo a hipótese política, é dicir, o apoio xeralizado do galeguismo ao tema da paisaxe.

20.12.04
Un home para a eternidade é unha película do ano sesenta e seis realizada polo austriaco F. Zinnemann . Sen ser propiamente un biopic nen caer na haxiografía (non hai nada de milagroso no relato, o heroico nace do ordinario) Un home para a eternidade conta a historia de Santo Tomás Moro plantexándoa dende un tema tan querido para o director austriaco como é a exaltación da integradide (así o fai tamén en Só ante o perigo), un protagonista-heroe enfrontado cun poder e cunha sociedade que lle é adversa. Un gran filme, cun exquisito gusto fotográfico e cun magnífico guión (adaptación da peza teatral escrita por R. Bolt) que se apuntala coas grandes actuacións dos protagonistas ( destaca a austeridade xestual de Paul Scofield), se ben é certo que a súa estructura dramática, basada nuns magníficos diálogos, pode resultar algo pesada para os hábitos visuais do espectador actual (tan necesitado de "efectos").
Axenda cultural
O profesor de Historia da Arte José Manuel López Vázquez intervirá este martes, día 21, no I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte coa ponencia ‘Orixinalidade e capricho. A reutilización da imaxe’. A intervención do profesor López terá lugar ás 20:00 horas na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia.
José Manuel López falará na súa conferencia sobre Goya, pintor no que centra gran parte das súas liñas investigadoras. Deste xeito, presentará o tema da metamorfose da imaxe a través de tres exemplos concretos vistos no Álbum B, Soños e nos Caprichos como son ‘Hasta su abuelo’, ‘De qué mal morirá’ e ‘Están calientes’ cos que porá de relevo o feito de que Goya modifique os significados coas mínimas variacións posibles. O profesor da USC fará así unha lectura de Goya amosando o emprego de emblemas -que nese momento en España non se empregaban- e cotexando os grabados coa literatura de Quevedo ou Gracián, tendo en conta que determinados xiros do idioma constitúen a base para xogos de conceptos e de imaxes baralladas en Goya.
19.12.04
STELLA: Pero hay cosas que suceden en la oscuridad entre un hombre y una mujer. Frente a ellas ninguna otra cosa tiene importancia.
BLANCHE: Estás hablando del deseo animal. Nada más. Deseo: el nombre de ese tranvía destartalado que avanza ruidosamente por el barrio, sube un callejuela y baja otra.
(Un tranvía llamado Deseo)
17.12.04
Orballa en Compostela, volta a chover, volta a chuvia, volta a choiva.
Desaparecidos:
Paraugas "boina fiel" manual de seis euros, cor negro, mango imitando a coiro, oito varillas e punta oxidada de metal.
Adquisicións:
Paraugas "birrete metrosexual de pega" automático de cinco euros, cor negro, mango de prástico, oito varillas reforzadas e punta en proceso de oxidación.
A proposta desglobalizadora dende a arte:
"Se puede triunfar en el mundo entero, pero hacerlo desde Dos Hermanas es lo más grande" (Los del Río)

16.12.04
Sentado nun banco río mentras Woody Allen me conta un dos seus inxeniosos chistes. Eu, aínda que intento disimular, non podo parar de mirar para a preciosa Diane Keaton que luce elegantísima un traxe-chaqueta.
Detrás de nós as torres xemelgas todavía brillan por riba da lúa.

15.12.04
Santos Zunzunegui dixo que Oliveira era un director "políticamente incorrecto" para os tempos que corren. Eu imaxino que nas pretensións de Oliveira, cos seus noventa e tantos, non estará a de ser "políticamente incorrecto". Este "malditismo" de Oliveira pode ser comparable en España ao de Garci, unha persecución ao histórico, ao clasicismo, ao burgués e ao nostálxico. Resulta curioso que a Oliveira, rescatado como case todo pola crítica francesa, se lle dedique un ciclo en Santiago e se lle faga un libro homenaxe editado pola U.S.C., mentras en Portugal, a pesares de ser o director máis recoñecido internacionalmente, o seu prestixio non vai máis alá dunha lexión de fieis admiradores.
Eu del so vin "O quinto imperio", unha largometraxe plúmbea, cun ritmo irritantemente oriental e cunha posta en escea tan teatral que me lembraba ao do Film d´art francés de comezos de século. Na formación desta opinión axudou que a proxección fose en portugués sen subtítulos. O que si que hai que recoñecer que, guste ou non guste, Oliveira é unha testemuña privilexiada da creación cinematográfica, con máis de setenta anos de oficio e cunhas inquietudes pola séptima arte que naceron nos últimos días do cine mudo.
14.12.04
A catedral de Santiago enorme custodia de granito e vidro.
Nai do rapaz existencialista víctima da descomunicación provocada polos mass media e dun contexto sociocultural adverso que non enche as súas aspiracións (Nai): É grave doctor?
Licenciado sobresaliente en dermatoloxía (LSD): Non a vou enganar señora, sí. Pero afortunadamente veu vostede a tempo.
Nai: Ai, ai, e que podemos facer?
LSD: Debe comezar un tratamento senon...
Nai: Non
LSD: Si
Nai: Non pode ser
LSD: Si, poder ser. O seu fillo ten grandes posibilidades de quedarse calvo.
Nai: Ai, co estudioso que é e co peliño tan bonito que ten. Era tan feitiño que na Escuela facía tódolos anos de Neno Xesús. E que podemos facer?
LSD: Tranquila señora. Afortudamente teño un tratamento que é modernísimo, vén directamente dunha universidade americana.

13.12.04
Ao agarimo da Química
Licenciada en Farmacia en prácticas (LFP) -¡Ola!
Rapaz existencialista víctima da descomunicación provocada polos mass media e dun contexto sociocultural adverso que non enche as súas aspiracións (Rapaz) -Ola. Mira, quería isto.
LFP -Ummm.... pois vai ser que non. Está agotado.
Rapaz -Vaia oh! E outra cousa contra a soedade non terás por aí?.
LFP -En sobre ou en cápsulas?
Rapaz - Prefiro en sobre que as cápsulas van mal para o estómago.
LFP- Pois mira teño isto, que éche moi bo, pero non che entra polo seguro.
Rapaz - Bueno, ponmo igual.
LFP- É para regalar? Envolvocho en papel de regalo?.
Rapaz- Non da o mesmo, é para min.
LFP- Moi ben, mira tes que tomar dous sobres cada oito horas e xa verás como para Nadal xa che comeza a facer efecto.
Rapaz- A ver se é certo que son datas moi emotivas para estar só.
LFP- Non te preocupes, xa verás como si. Está médicamente testado por unha universidade americana.
Rapaz- Sendo así. Bueno, moitas gracias e Bo Nadal.
LFP- Nada, a ti.

11.12.04
¿Que se escondía tras a néboa da Chaira?
Semana Almodovariana (quinto día)
Humo, es lo que ha habido en mi vida (Huma Rojo)
Tengo que aprender a estar sola (Lydya)
¿Pero tú sabes actuar? (Huma Rojo)
Sé mentir muy bien (Manuela)
"Hable con ella es una historia sobre la amistad de dos hombres, sobre la soledad y la larga convalecencia de las heridas provocadas por la pasión" (PEDRO ALMODÓVAR)
"Como sufría por ella que hasta su muerte la fue llamando" (Cucurrucucú Paloma)

10.12.04
Frío, frío, fío... na capital de provincia. Néboa, néboa, néboa... na capital da chaira.
vermello- paixón.
azul------ amor.
laranxa-- amizade.
negro....... soedade e ausencia.
Berros xeracionais:
"Somos una generación que no deberiamos tener un horóscopo basado en las estrellas sino en las canciones que se compusieron durante el mes en el que uno nació". EL SITIO (Véxase WEBEANDO)
Pintadas nos baños de historia (Nova sección)
¡Viva el Duque de Lugo!
Semana Almodovariana (Cuarto día)
A posmodernidade chegou en Almodóvar ao abismo con Kika e os vestidos de Jean Paul Gaultier.
Cecilia Roth, inmensa, contén os excesos emocionais de Todo sobre mi madre.
Tópico típico pero certo: Almodóvar é un director e un guionista de actrices.
9.12.04
Tres graos e medio na capital do Antigo Reino (unha hora menos en Portugal)
Vermello- dor e pracer.
Azul ----- equilibrio.
Laranxa-- inxenuidade.
Negro---- mentira e misterio.
Elementos do feito diferencial:
"Un tractor choca contra o Bus do Balonmano Valladolid que ía camiño de Cangas" (La Voz de Galicia)
Semana Almodovariana (Terceiro día):
Hoxe soñei con Marisa Paredes, ofrecíanlle un papel en Fedora .

"Warhol, al frente de una Factory que había creado en Nueva York, lanzó actores, pintores, literatos y seres marginales que eran muy bien aceptados dentro de la restringida sociedad artística. Almodóvar es, por decirlo así, el paralelo español de Warhol" (Antonio Holguín)
Hoxe soñei con Marisa Paredes, ofrecíanlle un papel en Fedora .
8.12.04
Futuribles 2046:
O rostro máis serigrafado nas camisetas é o de George W. Bush (que substitúe ao do Che Guevara).
Semana Almodovariana (Segundo día):
TACONES LEJANOS
|
O rostro máis serigrafado nas camisetas é o de George W. Bush (que substitúe ao do Che Guevara).
Triunfa o look "rastas neoliberal".
Zapatero recibe o Nobel polas súas memorias.
Semana Almodovariana (Segundo día):
ENTRE TINIEBLAS
-Adoro toda la música que habla de sentimientos: Boleros, salsas, merengues, rancheras. (MADRE SUPERIORA)
-Es que es la música que habla, que dice la verdad de la vida. (YOLANDA).
TACONES LEJANOS
-¿Esta canción no te ha recordado cosas? (MANUEL)
-Demasiadas. (BECKY DEL PÁRAMO)
7.12.04
Semana Almodovariana (Primeiro día)
|
"El éxito no tiene sabor, ni olor y cuando te aconstumbras parece como si no existiera" (Todo sobre mi madre)
"Siento el deseo de la paternidad, el hecho de engendrar lo empecé a notar a partir de los cuarenta años -de jovencito nunca se me pasó por la cabeza- pero en los últimos años, la idea de tener un hijo me apasiona y me tortura. Pero no la de fundar una familia, que es muy distinto" (Pedro Almodóvar)
6.12.04
Inmaculada Constitución.
Extractos da entrevista feita na Voz de Galicia a John Elphus S. xogador nixeriano do Ponte (equipo ourensán de Rexional Preferente).
"-¿Podría establecer alguna similitud entre Nigeria y Galicia?
Al igual que aquí, allí se da mucha importancia a la familia. Existe un gran respeto en ese sentido. En Galicia, como en Nigeria, las familias son muy grandes y se convive mucho.
(...)
-Así que tienen las preocupaciones de una familia normal, aunque sea real.
Mi padre es rey. Tiene un montón de mujeres, trece. No es como aquí que sólo hay un rey. En Nigeria hay cerca de cuarenta, en distintas zonas geográficas. En este caso, Kosofe, en Lagos."
5.12.04
Esteban Canales no seu retrato da Inglaterra victoriana amósanos unha sociedade de ríxida moral na que pouco a pouco a igrexa iría perdendo influenza social. Nesa sociedade vive Oscar Wilde, o Wilde pagano no que tanto insiste Luis Antonio de Villena que remata no fin dos seus días convertíndose ao catolicismo. Nembargantes da a impresión de que Wilde nunca crerá no deus católico. O Deus do hedonista Wilde será máis ben un deus clásico que xoga cos homes arrastándoos cara a traxedia (De profundis).
Aínda que así sexa o exemplo de Cristo é constante na obra wildeana. O autor preséntanos a Xesucristo como o protagonista da maior traxedia xamáis escrita ( El alma del hombre bajo el socialismo), un home inocente que morre na cruz traizoado por un bico e negado tres veces polo seu mellor amigo.
4.12.04
Vai frío na falsa chaira...
"...Con las manos tan llenas, cada día más flacos...", cantaba en 'Aunque tú no lo sepas' Enrique Urquijo, actor también principal de los años más locos de la movida madrileña, a la que Nacha Pop había entrado de golpe amparado por la 'nueva ola' traída de las islas británicas. Una época de excesos sin treguas, de picos sin valles, donde sólo importaba el ahora. Acumulación de experiencias, delgadas líneas entre el bien y el mal. "Andar sin avanzar, caminar, tropezar, beber otras diez, madrugar y no llegar, ¿Quién tiene prisa en verme llegar?", eran las letras de 'Grité una noche', del disco 'Dibujos animados' (1985).

"Antonio Vega mira al cielo en recuerdo de su mujer fallecida, Marga, en el concierto de Lope de Vega de mayo de 2004. (Heredia)" (Elmundo.es)
3.12.04
"Pero los recuerdos no se pueden censurar ¿verdad?" (NINOTCHKA)
O triunfo da suxerencia, a morte da posmodernidade. Aínda que ti non o saibas...
Aunque tu no lo sepas,
me he inventado tu nombre.
Me drogué con promesas
y he dormido en los coches.
Aunque tu no lo entiendas,
nunca escribo el remite en el sobre
por no dejar mis huellas.
Aunque tu no lo sepas,
me he acostado a tu espalda.
Y mi cama se queda,
fría cuando te marchas.
He blindado mi puerta,
y al llegar la mañana,
no me di ni cuenta
porque nunca estabas.
Aunque tu no lo sepas,
nos decíamos tanto,
con las manos tan llenas,
cada día más flacos.
Inventamos mareas,
tripulábamos barcos,
encendía con besos,
el mar de tus labios.
(Quique González)

2.12.04
"Recuerdo perfectamente ese día (era el día que los alemanes ocuparon París). Los alemanes vestían de gris y tú de azul". (CASABLANCA)
ONTE:
Verde, axuda, ¿Barcelona?, Santiago, edificios, La flor de mi secreto, ¿Esperanza?, rencontro, San Clemente, proxectos, ¿Posmodernidade?, baleiro.
1.12.04
Véxote tan preto,
observada detrás do meu muro de cristal
envolta en verde neón,
sentada e soa,
pálida, enfermiza, mortecina.
(¿Ofelia prerrafaelita? ¿Musa becqueriana? ¿Diva posmoderna? Decadente sempre decadente).
Vesme tan preto,
observado detrás do teu muro de cristal
sentado acompañado... pero só,
melacólicamente só,
terroríficamente só,
extrañamente imperfecto e común,
demasiado común.
Atrapado polos nosos peores medos:
ABSTRACCIÓNS
cadeas agochadas tralo sorriso.