30.11.04

"Esta familia tan atípica evoca para mi la variedad de familias que son posibles en estos tiempos que corren. Si hay algo que caracterice al siglo XX es precisamente la ruptura de la familia tradicional. Ahora se pueden formar familias con otros miembros, otros vínculos, otras relaciones biográficas y deben ser respetadas tal como son, pues lo más importante es que sus componentes se amen" PEDRO ALMÓDOVAR - a propósito da familia que conforman en Todo sobre mi madre Manuela (ex-enfermeira que perde ao seu único fillo natural nun accidente), Lola (travesti, antes Esteban, ex-esposo de Manuela, enfermo de SIDA) e Esteban (fillo "adoptivo" de Manuela, portador do virus do SIDA, froito da relación entre Lola -cando xa era travesti- e Rosa -unha xove monxa misioneira que morre de SIDA-)

|

29.11.04

O show do 11-M. Extractos da comparecencia do expresidente José María Aznar López.

"El Gobierno tuvo que afrontar un monumental empuje manipulador de los que vieron en esos momento la gran oportunidad que hacía tiempo habían dado por perdida".

"Todavía estoy pidiendo una explicación de un medio de comunicación y una radio que dijeron que conocían el vídeo desde la mañana del sábado, pero que lo habían callado".

"No he recibido ninguna llamada de Zapatero, ni recabando información, ni dándola. Absolutamente ninguna".

"No creo en las manifestaciones espontáneas. Ahora nos hemos enterado de que las manifestaciones se pueden convocar tirando la piedra y escondiendo la mano y acabando en el 'pásalo' famoso".

"Para los responsables policiales que trabajaban en la investigación, el dato de la cinta no era relevante".

"Ha llegado el momento de volver a estar con los aliados que debemos estar manteniendo la lucha antiterrorista".

"Hubo grupos y partidos que se aprovecharon de la situación creada en la sociedad y de la conmoción creada por los atentados del 11-M".

E un día destes con El Mundo. KIT DE COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN. Aprenda vostede mesmo a montar na casa a súa comisión de investigación (por suposto a sogra faría de Acebes e ese primo gorrón que tan mal lle cae faría de José María Aznar).

|

28.11.04

Contaba Boadella que unha semana antes de morrer un Dalí xa moi enfermo non se movía da cama senón lle puñan o himno nacional. Unha persoa que fai iso a unha semana de morrer non finxe. A diferencia entre Breton e Dalí era que Breton chegou ao surrealismo a través dun proceso intelectual, Dalí, sen embargo, era a encaración do surrealismo.

|

27.11.04

VARIACIÓNS:
Denantes mortos que sencilla (CASTELAO)
El mundo se desmorona y nosotros preguntámonos que é arte (CASABLANCA)


Reflexións artísticas:
Primeira contradicción da miña definición de arte-
Se arte é unha comunicación con intencionalidade artística que provoca unha emoción, o asasinato podería ser arte. Costame crelo. A vida sempre estará por riba da arte.


Argumento dunha posible curtametraxe:
Créditos en branco sobre negro. Mentras transcorren os créditos de fondo oénse ruidos típicos do previo dun concerto de música clásica (toses, besbellos, pitido anunciando que hai que entrar, acomodos nas butacas...)


Enfocado por unha cámara fixa sae a escea un pianista (vestido de rigorosa etiqueta, de idade avanzada, enxuto e con rostro de eminencia). O protagonista é iluminado cun foco que deixa o resto en penumbra. Saúda ao público que non se ve. Aplauso previo. Ceremoniosamente senta no piano. Silencio respetuoso do público.

Unha vez sentado abre a tapa do piano. Permanece quedo sen tocar nengunha peza. Pasado un minuto volta a pechar a tapa do piano e volta a abrila. Segue sen tocar nada. Ao minuto pasado repite unha vez máis esta operación. Pecha a tapa do piano e remata a obra.

O público aplaude con moita intensidade. O pianista saúda o público ceremoniosamente en repetidas ocasións. Sae da escea e volta a entrar cun ramo de flores. O público (que nunca se ve) segue aplaudindo.

Fundido en negro. Créditos finais en branco sobre negro acompañados de fondo polos ruidos da saída dun concerto.

Cutametraxe basado nunha obra do compositor contemporáneo John Cage.

|

26.11.04

E se ti máis eu poidesemos coller as estrelas coa man?



nombre
Os cabelos marchan polo lavabo, testemuñas caladas dun tempo que remata.

|

25.11.04

Volta de Periféricos tras a súa maior ausencia creativa por causa de motivos filósoficos.

PERIFÉRICOS ou Diario existencial dun antiheroe de parroquia.

A cor corporativa de PERIFÉRICOS: Laranxa.

Se PERIFÉRICOS fóse un CÓMIC sería CUTTLAS.

|

21.11.04

A defensa da serialidade ou a deconstrucción da resposta tradicional: "O cadro de Lichtentein é arte porque ao contrario que sucede co comic é unha obra única é orixinal".

Factum I Factum II


Este debate da serialidade provocado pola sociedade industrial non só se deu nos productos producidos para a sociedade de masas senón tamén no eido da denominada como "alta cultura". Así nos cincuenta, artistas como R.Rauschenberg poñen sobre a mesa esta cuestión entrando en dialéctica coas teses defendidas por Clement Greenberg e moitos dos artistas vencellados co expresionismo abstracto. Con obras como Factum I e Factum II, onde se repiten imperfectamente os mesmos elementos, o artista texano pretende atacar a concepción de inspiración e orixinalidade. Non obstante Factum I e Factum II non deixan de ser "realizacións" como o cadro de Lichtenstein. Serían Warhol quen coas súas serigrafías, ou posteriormente o propio Rauschenberg cos seus debuxos transferidos, os que levarían os procedementos técnicos seriais ao status de arte.



O mesmo Hal Foster pronunciarase sobre este tema nuns termos semellantes:
"Con el tiempo, sin embargo, la serialidad no pudo evitarse, y este reconocimiento llevó a demostraciones y contrademostraciones de su lógica. Considérese por ejemplo, como Rauschenberg pone a prueba esta lógica en Factum I y Factum II (1957), donde cada uno de los lienzos está lleno de imágenes encontradas y de gestos aleatorios que se repiten, imperfectamente, en el otro. Sin embargo, no fue hasta el minimalismo y el pop que la producción serial se hizo coherentemente integrante de la producción técnica de la obra de arte"

Así pois afirmar que os procedementos técnicos seriais non poden producir arte é negarlle a categoría de arte as serigrafías de Warhol. Pero este debate trascendería do mundo contemporáneo, tamén teríamos que negar que os gravados de Goya ou no mundo romano a escultura sarcofáxica fosen arte.
Vemos como a defensa da obra de arte como única e orixinal é fondamente contradictoria. E este pensamento erróneo non invalidaría que o comic fose arte pois levado ao absurdo para convertir a un comic en arte bastaría simplemente con destruir as pranchas orixinais e o resto de copias (como así o facía o galerista de arte da película O Protexido).

Quizáis nesta teoría de non considerar os elementos seriados como arte inflúa as propias tendencias do mercado artístico. A especificidade dunha peza única aumenta o seu valor económico, nembargantes isto non significa que aumente o seu valor artístico.


|

20.11.04


Masterpiece


En mil novecentos sesenta e dous Roy Lichtenstein pintaba Masterpiece, un óleo sobre tela de cento trinta e oito centímetros de longo e ancho. Para a composición da obra Lichtenstein elixe a unha parella dialogando mentras observan un cadro que nós non coñecemos pois só se nos mostra o seu revés. A peza complétase cun texto a través do que coñecemos o que ela lle está dicindo a el: "¡Pero Brad , querido, este cadro é unha obra mestra!. Creeme dentro de pouco toda Nova York reclamará a berros as túas obras".

O rosto de Brad ten faccións regulares e ben debuxadas que ben puideran remitir ao modelo de galán clásico hollywoodiano (non do tipo de Bogart senón do tipo de Grant ou Hudson) ou aos heroes cotidianos do comic estadounidense dos cincueta (Grand Canyon por exemplo). Tamén ela parece unha starlatte do Hollywood dos corenta, cos seus beizos vermellos e os cabelo de rubio platino.

Formalmente o cadro mostra moitos das características do Lichtenstein máis pop: un debuxo preciso e uniformador, fortes contrastes, cores primarias e a introducción de texto. Pero máis que formalmente o cadro nos interesa como intento de achegar o "gran arte" (pintura) coa "arte da cultura de masas" (comic) e o fai en palabras de Arthur C. Danto "llevando hasta lo monumental el estilo banal y universal que utiliza para describir el mundo real a espectadores versados en la historia del arte popular".

En xeral, este interese polos productos da cultura de masas son unha característica do movemento pop. Sen embargo, o crítico ao que se lle atribúe o concepto "pop", o británico Lawrence Alloway, falando de como xorde este termo dirá " Usei o térmo e tamén cultura pop refiríndose aos productos dos mass media, non as obras de arte que se sentisen atraídas pola cultura popular". Resulta interesante como Alloway diferencia arte de cultura popular, aplicado a esta obra parece que aceptase que este cadro de Lichtenstein fora arte pero non o seu referente os comics por ser un producto directo da cultura de masas. Se un cadro de Lichtenstein pode ser arte ¿non deberíamos calificar ao comic do mesmo xeito?.


|

19.11.04

¿Alguén se atreve a criticarme?
-Concepto contemporáneo de arte
Comunicación de signos con intencionalidade artística que provocan unha emoción.
-Intencionalidade artística
----Consciente: A vontade do artista.
----Incosciente: Implícita no feito de levar a cabo un proceso creativo.
-Arte de calidade. Tres parámetros:
Equilibrio entre forma e concepto. Que a forma sirva ao concepto e o concepto á forma.
Investigación a cerca de novas linguaxes formais e conceptuais aplicadas á arte.
Producto nacido fillo do seu contexto socio-cultural que conteña realidades transhistóricas válidas para todo tempo e lugar.
Proxectos para este fin de semana:
Acadar o equilibrio, ordear a miña habitación, calmar o espírito, limpar a casa, ver películas e seguir pensando en ¿que carallo é arte?

|

16.11.04

Durmín pouco. Cando durmo pouco vexo a vida especialmente gris, verde e marrón (e máis en Santiago). Así que hoxe é un deses días onde non me apetece nen pensar, nen escribir, nen rir, nen soñar. Aceptarei a postura de autómata propia dunha cultura de masas, sen ironías nen sublimazón do freaky. Xa fun a crase, agora comerei o menú do día nalgún bar (so), irei a tomar o café e a ler os xornais ao Rúa Nova (so), as tres menos cuarto farei cola para coller a entrada do documental que botan hoxe no Principal (so), irei a pagar a luz e a auga á inmobiliaria (so), mediatarei fundadamente se a telenovela e o comic son arte (so, ou iso espero), irei a unha conferencia (en compañía, ¿lástima?, bueno depende da compañía), as dez e media irei ao Principal (so), acostareime (so) e durmirei (so e moito -espero-). E mañá igual, ou semellante.

|

15.11.04

"O mellor que lle pode dicir un personaxe howardhawkiano a outro personaxe howardhawkiano é: Has hecho un gran trabajo" (X. Nogueira)

Xéminis: Intenta ser más tolerante con todos. No te hagas ilusiones, los demás no pensarán de la misma forma que tú. Te costará mucho ponerte de acuerdo con la familia en todo lo que se refiere a dinero. Las cosas comenzarán a arreglarse cuando tú te conozcas bien y soluciones tu pasado.

|

14.11.04

Volveron os ecos do chapapote á Quintana. Un amigo de fóra (bueno non tan de fóra) comentábame que Galicia se acosta revolucionaria e se levanta fraguista. Criticaba a mixtura de ideoloxías e bandeiras, ¿que terá que ver a República con que se afunda un barco?, e non podía comprender que se cantase o himno ao final dos actos ¿Imaxinaste que comezase a soar o himno español na porta da Alcalá?. A min pareceume unha experiencia estética sugeriana ver a vinte mil persoas entoando o himno galego nese incomparable marco, debe ser que son un paleto sentimental.
O desencanto da acción social: Unha nova manifestazón ¿será coma as outras o preludio dunha nova maioría absoluta de Fraga?.

|

13.11.04

¡¡¡Filliña, filliña!!!. Ela estaba cega e sen embargo soubo quen eras. ¿Pero mamá como sabe que son eu?. Sabía que ías vir porque hoxe arresponseiche filliña, por iso souben que eras ti. Ela pasaba xa os noventa, había dous anos que se quedara cega polas cataratas e na parroquia a tiñan por milagreira tanto que o día anterior viñera un rapaz coa súa nai para rezase por el porque se ía examinar do carnet de conducir.
Isto é o que lembro desta historia dunha Galicia real que xa ninguén quere contar, escribir ou cantar. Quizáis porque durante un tempo xa se escribiu moito sobre ela.
¡¡¡Pacencia filliña, pacencia!!! sempre che dicía ela

|

12.11.04

E foi nese intre, cando esperabamos de banco en banco, cando a cidade se desmaterializou e se converteu para nós nunha palabra, nunha frase, nunha conversa. Por riba da súa catedral, da súa zoa vella, dos seu barrios de inmigrantes, o que nos queda de Logroño son verbas de soños e lembranzas dun pasado que foi como non quixesemos que fose. Por iso voltaría a Logroño, para seguir falando.
Nos deron as tres, comemos nun Tele Pizza e fomos a La Cortijana onde alugamos unha triple. Pero nisto xa non hai poesía. Logo durmimos e durmimos.

|

10.11.04

¿Me podría decir donde está la pensión "La Corticela"?
¿La Corticela? No conozco ninguna pensión "La Corticela". Aquí cerquita sólo está "La Cortijana".
Pues esa será. ¿Nos puede decir dónde es?
Aquí mismito. La primera a la derecha y luego al final de la calle a la derecha.

¡¡Non había nengunha pensión "La Corticela"!! Aínda menos mal que non nos mandaron para a Catedral de Santiago. Bueno, polo menos xa sabiamos a onde tiñamos que ir. "La Cortijana" era o noso sitio.

Collimos as mochilas do coche e alí nos diriximos. Chegamos e preguntamos polos precios. A triple saíanos a quince euros por barba. Asequible. ¿Algo por fin nos ía a saír ben?. Por suposto que non ¿acaso o dubidaches?. Como eran as dez da mañá o paisano quería cobrarnos dous días. Antes da tres da tarde cobra o día. Incrible!! Ou sexa que a esperar ata as tres da tarde.

Como tiñamos algo de fame fómonos a almorzar a un café con pintas de barato, un sitio para estar sentados e quentiños. Fixemos tempo e tempo no café. Limos e relimos os xornais, ata os locais. Despois de duas horas alí e ante as inquisidoras miradas da camareira levantamos a tenda de campaña, collimos as mochilas, erguímonos, pagámos e fómonos sen rumbo.

Comenzamos un deambullar henrymilleriano polas peores barriadas de Logroño. Ao fin decidimos pousar mochilas e traseiros nun banco ao que lle daba ben o sol. E aí estabamos os tres coma tres vellos, falando e falando, chupando sol. Un sábado ao sol ata que chegaba a sombra que nos indicaba co seu frío que debíamos cambiar de banco.

Mañá á mesma bathora no mesmo batcanal non te perdas a derradeira parte.

|

9.11.04

Efectivamente, non había camas. Facendo tempo ata as oito, saíndo o día que en teoría non íamos a saír e durmindo no coche e... ¡¡¡¡non había camas!!!. Pero o peor é que a rapaza que nos atendera o día anterior trabucárase, que nunca houbo camas, que só hai tres habitacións para alugar e as prazas sempre se cubren mediante reserva. Se antes había que fotografar as caras das persoas que pasaban por diante do coche agora habería que fotografas os nosos rostros ollerosos, pálidos e cansos. Sen ideas, chamamos a outros compañeiros que se aloxaban nun piso no que non cabíamos todos nen enlatados. Collerónnos o móbil despois de moito chamar e faláronnos dunha pensión: "A Corticela" que, en teoría quedaba nesa mesma rúa. Fomos ata o fondo da rúa e voltamos ao comezo, voltamos ata o fondo da rúa e regresamos ao comezo. ¡¡¡¡Non había nengunha pensión nesa rúa!!!. Os compañeiros non collían o teléfono, tamén saíran a noite anterior. Así que só nos quedaba preguntar por "A Corticela". Son as nove e media da mañá.... (to be continued)

Hoxe é trece de novembro ¡Nunca Máis!

Axenda cultural
O profesor da USC David Chao Castro exporá este mércores, día 10, a súa liña investigadora nunha conferencia enmarcada no I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago.
Na conferencia, que terá lugar na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia ás 20:00 horas baixo o título ‘A iconografía rexia en Castela na Baixa Idade Media, séculos XIV-XV’, presentaranse as imaxes e símbolos de poder e piedade derivados do estudo dalgunhas manifestacións artísticas patrocinadas pola dinastía Trastámara, como é o caso dos enterramentos rexios de Toledo ou Toro, ou dalgunhas pinturas, miniaturas e obxectos devocionais. A través deste estudo o autor afonda no significado de certos elementos iconográficos -como a coroa, o cetro ou a espada- que non sempre aluden a unha imaxe de poder, senón que en ocasións poden amosarse como representacións de humildade segundo o contexto no que se inclúan. Tamén nesta xornada tomará a palabra Karina Ruíz Cuevas coa comunicación ‘Combinación de materiais e técnicas na escultura novohispana do século XVIII’.

|

8.11.04

Estaba todo falado. Nós tiñamos que chegar as oito da mañá á Residencia Universitaria e daquela xa teríamos habitacións libres. Como ata as oito non tiñamos habitación decidimos saír a noite do venres ata as tantas, despois da incómoda viaxe de cinco vintañeiros con maletas nun douscentos seis.
En Logroño a rúa de tapeo é o Laurel, as tapas están moi boas pero hai que pagalas. As tascas sempre son un lugar de moita fala e moitas risas, ben esteñan en Logroño ou ben en Candamil, da igual. O Laurel pecha a eso das doce e media. Despois de ir a varios pseudopubs, e de repoñer forzas nunha bocatería, rematamos como sempre nunha discoteca sen personalidade, insípida, chundachunda (a súa proliferación é un dos peores efectos da globalización). As seis non podiamos máis. En tanto nos daban as oito fomos a durmir ao coche, gustaríame fotografar as caras das persoas que miraban para como durmíamos no coche, un espectáculo. Chegaron as oito, fomos a paso rápido á Residencia Universitaria, e... (mañá máis).

La Universidad de Lisboa investirá el miércoles a Fraga doctor honoris causa. Con este reconocimiento, serán catorce los doctorados honoris causa con los que diferentes instituciones académicas han premiado la trayectoria de Fraga.

Axenda cultural
Hoxe as nove recibe o premio CINEUROPA no santiagués Teatro Principal Manoel de Oliveira.

Mañá as oito na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia conferencia de Juan Manuel Monterroso Montero sobre o "Rapto da melancolía. Chaves emblemáticas para a interpretación dos Santos Penitentes"

Mañá as dez e media no Teatro Principal (SDC) dentro da sección Panorama Internacional do Festival CINEUROPA proxectarase 2046 película china de Wong Kar Wai.


"Este premio es igual que los mayores, no hago distinciones, es como el de Cannes", aseveró Oliveira en rueda de prensa en el Teatro Principal de Santiago, acompañado por el concejal de Cultura, Néstor Rego, y el director de Cineuropa, José Luis Losa, a quienes ante su asombro agradecido por la comparación, les aclaró: "no hay premios menores, los habrá cuando los realizadores no amen el cine". (EL CORREO GALLEGO)


|

7.11.04

Proxecto paralelo, periféricos ou epígonos. A vida dende a contemplación como a filosofía antes da acción de Marx (quizáis Marx fose o que tiña razón). Xeralmente na adolescencia trócase o mundo e despois comeza a interpretación. Dende os vintetrés anos propóñome o proxecto inverso, deixar de interpretar para trocar o MUNDO (nunca dende o marxismo, iso quedou na adolescencia, cando paradóxicamente interpretaba).

Maña escribirei sobre a viaxe deste fin de semana á Rioxa e o noso sábado ao sol.

Proxecto para este novo milenio:
Trocar o mundo (comezando por min). Dixen.

|

3.11.04

Bush gañou as eleccións.

E Palmou segue... ¿ata cando? ¿atacando?.

A posmodernidade galega nace como un intento de facer comulgar tradición e modernidade da man do discurso esencialista de Xosé Antón Castro. Nese intre a crítica intenta defender a postura da existencia dunha arte galega contemporánea. Hoxe as cousas son ben diferentes. Non hai diferencia entre un creador nacido en Monfero e outro nado en Londres. Moitos dos artistas galegos ben puidesen ser neoiorquinos ou texanos. E a pregunta é ¿existe unha arte galega? ou, aínda máis, ¿existiu algunha vez unha arte galega?.

|

2.11.04

¿Demisión de Palmou?

¿Democracia interna? "La militancia aprobó la candidatura con el 95% de los votos y en la lista, junto a Fraga como presidente figuraba como número dos Palmou". (EL CORREO GALLEGO)

E van dous "Palmou aclarará hoy su futuro y López Veiga ha anunciado que dimitirá si lo hace el titular de Xustiza". (LA VOZ DE GALICIA)

Palmou " A preguntas de los periodistas sobre si serán buenas noticias, apuntó: «Depende para quién»". (LA VOZ DE GALICIA)

¿Expediente para Fraga por indisciplinado? "Fuentes del partido no dudan en calificar lo sucedido en los últimos días como uno de los episodios más graves por los que ha atravesado el PP en toda su historia, dado que su protagonista es el propio presidente fundador del partido". (LA VOZ DE GALICIA)

Catro ¿non serán demasiados? "Ao inminente anuncio da demisión do propio Xesús Palmou como conselleiro de Xustiza e a de López Veiga como conselleiro de Pesca, podería sucederlle, segundo fontes do PPdeG, á do vicepresidente primeiro Alberto Núñez Feijoo e a da conselleira de Familia, Pilar Rojo, os principais representantes do sector favorábel á Rajoy" (VIEIROS).


O que din en Madrid "Desde Madrid, el secretario general del PP, Ángel Acebes, ha advertido de nuevo a los rebeldes, recordando que Palmou fue nombrado secretario general del PPdeG hace tan sólo nueve días en el congreso regional y que para la dirección nacional del PP, la “mejor dirección” para el PP gallego es la que salió elegida “con un respaldo muy grande” en ese cónclave" (EL PAÍS)

|
Hoxe achegueime ata o número trinta e tres da Rúa Nova. Supostamente esa é a casa onde naceu Antonio Machado y Álvarez "Demófilo", pai dos grandérrimos e celebrísimos poetas Antonio e Manuel. Non son especialmente mitómano, pero en canto souben o sitio no que Demófilo nacera en Santiago sentín a necesidade de achegarme ata el, quizáis porque sempre me conmoveu a historia persoal dos seus fillos. Na casa hai na actualidade un inmoble adicado á obra social de Caixa Galicia e outro pertencente ao Real Colexio de Economistas, xa pouca poesía queda.
Onte foi Santos: gladiolos, caraveis, camposantos e lembranzas.

|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License