31.10.04

A noite: xeo e fume.

O de sempre para os de sempre: "El tren rápido que unirá Galicia con la Meseta se retrasará hasta el 2015" (LA VOZ DE GALICIA)





|

30.10.04

Antes se decía más francamente, ahora se dice más realmente (Os irmáns Calatrava)

E sae Ben Laden a escea. O fifty fifty esvaécese. Posible reacción do nacionalismo norteamericano. Bush toma ventaxa.

|

29.10.04

As eleccións de Norteamérica chegan á miña casa: "Eu que quero que gañe Kerry que é do partido de Clinton e dos Kennedy pero vai gañar Bush que eche o dos ricos".

Nen polas boas críticas, nen polos premios, nen pola publicidade, eu quería ver En Construcción porque hai tempo que me crucei con Guerin pola rúa. Foi un día de orballo na compostelana Algalia de Arriba. Só, altérrimo e delgadérrimo, enfundado nunha gabardina e resgardado da choiva pola súa inconfundible pucha. Ía mirando cara riba, despaciño, observando as casas, radiografíando a rúa, quizáis pensaba que ese sería un lugar ben fermoso para filmar. Hoxe, ao fin, alineáronse os astros para que puidese ver En Construcción. Con esta película reatopeime, despois de Troia, co meu cine, co cotiá, coas pequenas historias, coa humilde beleza e a beleza humilde. En Construcción é un poema visual neorrealista, pero un neorrealismo levado ás súas últimas consecuencias, á verdade do ordinario. Uns diálogos impresionantes nacidos do día día, unhas improvisadas esceas preciosas, unha hipnotizante "estética da ruina". A destrucción para a construcción, o troco do paisaxe urbán e da morfoloxía humana, a vida sen máis. Un producto honesto, unha cima no cine español (senón ao tempo).

|

28.10.04

...amigos de autobús, amigas de discoteca, klinex, post it, velas, grafittis, hamburguesas, microndas, zapping, casas prefabricadas, Ikea, ¿lágrimas?... transitorio, transitorio.

|

27.10.04

Propostas de investigación:
Transitoriedade e simboloxía da expresión artística: do 11-s ao 11-M

Hai tempo meu pai me dixo que me estaba aburguesando. Quitando o que teña a frase de retórica tardosetenteira e sendo consciente de que non se refire ao meu abandono adolescente da ortodoxia revolucianaria, levo buscando tempo sinais de este aburguesamento. Onte confirmei un: o meu gusto cinematográfico. Cando vin El último Samurai terminei chorando como colofón á empatía que xerou en min esa historia. Probablemente se a vise hai catro ou cinco anos pasaría todo o rarto retorcéndome na butaca pensando: vaia bodrio de peli. Onte pasou algo semellante que confirma esta egotendencia, aínda a risco de que tódolos membros dos departamentos de historia antiga e filoloxía clásica me quera fusilar, teño que dicir que disfrutei vendo Troia. Eu que tanto defendo as historias do cotidiano, as pequenas cousas, a humilde beleza e a beleza humilde resulta que agora son un aficcioado das superproduccións. Buff!!! ¿madurez ou aburguesamento?


|

26.10.04

E despois do nihilismo... o home á intemperie. A búsqueda da identidade no século XX: Kafka, Almodóvar, europeísmo, Shrek, os nacionalismos periféricos, a transexualidade, Hitler, a bandeira americana, os chats, o Concilio Vaticano II e Toy Story.

Axenda cultural:
Día vinteseis de outubro, as oito da tarde na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia, conferencia da profesora Marta Cendón "Na procura do dato convincente. A arte medieval e as súas dificultades". Ademais, tamén intervirá a becaria do departamento de Historia da Arte, Monserrat Araujo, coa charla ‘A iconografía dos anxos na Idade Media galega’.

Día vintesete de outubro as oito da tarde na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia, conferencia do catedrático José Manuel García Iglesias "Dúas portadas compostelás do Cincocentos".

|

25.10.04

"No tengo porque ver los debates presidenciales. Si quiero ver a un republicano listo discutir con un demócrata sólo tengo que ir a cenar con mi mujer" (Arnold Schwarzenegger, governador do estado de California)

"Los primeros, los toleadanos Sunday Drivers, demostraron en clave semiacústica porqué se han convertido en una de las bandas de este año, gracias a las canciones de su segundo disco, Little heart attacks. Con un sonido que remitía al de los Jayhawks y las excelentes maneras vocales de su solista, Jero Romero, The Sunday Drivers, exhibieron un gusto musical que cristalizó en joyas del género como Can´t you see, con sabor a Brian Wilson, Love, our love y On my mind. (Fernando Martín, El País, extracto da crítica dun concerto que deron na Sala Sol de Madrid: The Sunday Drivers, The Pauls e Less. Cartel que se repetirá o once de novembro na sala Nasa de Santiago de Compostela. A entrada custa cinco euros)


|

24.10.04

Efectivamente nen Bonet Correa, nen Prieto Souto, nen Compostela (na súa anotación Árbol y Cilindro), ninguén descubriu o misterio que agochan os cilindros de Santa Clara.

"Bien de bonito" o discurso de Claudio Magris no Príncipe de Asturias. Nunca lin nada nen de Magris nen da súa muller, a pesar dos esforzos do mestre A.R. Magris falaba do que hai tres anos me comentaba Balibrea diante dunha cervexa. Dous son as persoas que viron o nihilismo: Dostoievski e Nietzsche. Chegando a conclusións ben diferentes. Cando a Nietzsche lle chegaban por fascículos os primeiros capítulos de Crimen e Castigo, o filósofo estaba todo emocionado co persoaxe creado polo novelista. Pero chega o final da novela e Raskolnikov se arrepinte de xeonllos de todo o mal que fixo. As dúas caras do nihilismo ¿liberdade ou crueldade?. E todo isto eu xa o sabía tres anos antes de que o dixera antonte en Oviedo Magris grazas a irme unha de tarde de cañas con Balibrea.

|

23.10.04

Despois de que Inmaculada Rodríguez, vicepresidenta do parlamento, anunciase que deixaba a política activa, Baltar declarou sobre este feito: "A enemigo que huye, puente de plata"

Cuíña: «Después de Fraga, lo que diga la democracia interna del partido»

"Entre ambos frentes, emerge la línea de los dirigentes que no secundaban el amago de escisión de Baltar, pero eran comprensivos con los rebeldes y trabajaban para evitar la ruptura. En esta posición se encuadran el emergente alcalde de Lalín, Xosé Crespo, y el vicepresidente segundo, Xosé Manuel Barreiro." (La Voz de Galicia)

"Eu quería saber en que idioma falou con E.T.A.". Carod mirou para baixo resignado. A sá de conferencias encheuse de murmullos. O señor que tiña ao meu carón con pintas de galeguista dos de antes, dos elegantes, dos de traxe, abrigo e garavata marmuraba: "Vaia oh! sempre ten que haber algún gilipollas". Carod esperou a que rematase o turno de preguntas para constestalas todas xuntas. Tiña presa porque debía coller un avión rumbo Franckfurt e de aí outro destino a Macao, lugar onde xogaba a selección catalana de hockey. "Como eu falo só un pouquiño euskera e os representantes desa organización non falan en catalán falamos en español".

|

22.10.04

Estimado xxxxxxxxxx:

Hoxe estaba nunha das túas inmobiliarias. Ao meu carón estaba unha rapaza falando cunha das túas empleadas. Como o teu electricista non aparecía e no piso estaban completamente sen luz resulta que ela e as súas dúas compañeiras chamaron un electricista destes que se anuncian nas páxinas amarelas en letras ben grandes. O amaño foi un chorrada e cobroulles unha burrada.
A rapaza en cuestión acudiu á túa inmobiliaria para ver quen se facía cargo da factura. Tres dos teus subordinados rasgábanse as vestiduras chamando estafador ao electricista. Queixándose dos seus servizos, dicindo que case todos eran uns estafadores.
Pero chegou a pregunta: Quen se fai cargo daquela da factura?. A túa empleada hábilmente díxolle que ela reclamaría a consumo. A rapaza insistiu: Pero no caso de que a haxa que pagar? Xa non había escapatoria, a túa traballadora tivo que dicir a verdade: Pois daquela terala que pagar ti, ao menos que o propietario se faga cargo. Pero o propietario non se fará cargo porque non foi un dos teus electricistas o que fixo o amaño e daquela non ten a obriga a pagalo, e ti (a pesar de non mandar o electricista) moito menos vas a pagar a factura a un electricista que non sexa dos que traballan contigo. Así que a pobre rapaza pola túa culpa, por non lle mandar cando debías o electricista, ten que facerse cargo dunha factura de carallo. E eu que estaba ao carón calei, calei porque son un capullo, porque senón diríalle aos teus empleados que nos estivemos máis de vinte días sen luz na cociña porque non nos mandástades o puto electricista, e agora temos luz porque o meu compañeiro de piso se decidiu a amañalo el só. Pero calei e aínda me ferve a sangue e o veneno que traguei está apunto de explotarme o fígado. E eu calei, coma sempre calo, e a rapaza comezou a chorar.
Atentamente:
Un damnificado da especulación inmobiliaria.


|
Vinta cinco minutos de cola para facer a matrícula, agora só queda pagar as taxas, pagar o seguro, facer os trámites da bolsa (que non son poucos). ¿estudio? burocracia, burocracia.

Aterradora!!! Fahrenheit 9/11 traza unha rede de poder e intereses especulativos terroríficos. Unha gran película porque consigue co seu formato documental captar o interese do espectador durante dúas horas, algo ben difícil. Comedia, ironía, drama, contradiccións e morte. E a pesar de que todo documental é manipulación este filme é especialmente recomendable para estómagos neoliberais.

|

21.10.04

O meu paraugas sigue sobrevivindo e hoxe está descansando porque en Santiago brilla un tímido sol románico. O meu paraugas é deses paraugas barateiros (seis euros) que se venden de oferta nas pequenas tendas da zona vella. É un paraugas elegante, vello e triste, que ademáis ten a peculiaridade (xa estamos co feito diferencial) de ser un dos poucos paraugas que se oxida coa auga. Por agora vai cumplindo, que non é pouco, pero me imaxino que o acabarei substituíndo por un paraugas metrosexual, con varilla dobre e cores chillóns (aínda que penso que as cores chillóns non combinan moi ben co granito mollado).

|

20.10.04

Chove en Compostela e as cunetas énchense de paraugas rotos rexeitados pola súa incompetencia. Un día decidimos coller un bus ao azar e baixarnos na súa derradeira parada. O bus deixounos en Choupana (ou era Boisaca?), e alí paramos no medio da nada. Tan pronto nos baixamos comezou a chover como había anos que non chovía en Santiago, e nolos dous alí esperando que pasara un bus que nos levase de volta cara casa. Chovía e ía vento, tanto vento, tanto vento, que o paraugas no que nos resgardabamos partiu á metade (literalmente), así que aí estabamos nós mollados coma pitos esperando sen marquesina un bus que non chegaba. Nese intre fomos felices, no medio da nada.

|
Axenda cultural

Día 20, terá lugar ás 20:00 horas a conferencia de María Dolores Fraga Sampedro titulada ‘Iconografía franciscana na Idade Media galega’, na Aula Magna da Facultade de Xeografía, Historia e Historia da Arte de Santiago de Compostela.

Día 21 de outubro as oito da tarde no Centro Cultural de Caixa Galicia (Carrera del Conde) Compostela. Conferencia de Josep Lluis Carod-Rovira.

Día 22 de outubro as 23:00 na compostelá Sala Capitol concerto dos toledanos The Sunday Drivers.

Aos hevochos galaicos: Disco El Despertar de Kertuler (grupo de Noia)

Seguiremos informando...

|

18.10.04

Francisco Rebollo, noventa e nove anos de vida, setenta e cinco de casado declara para o Telexornal da TVE: "Y yo te digo que no pienso buscar otra mujer".

¿Arte ou vida? Hainos que pensan que ambas son compatibles. Wilde dicía que un gran artista nunca sería un gran vividor e que el elixira facer da súa vida (non das súas creacións) a súa obra mestra, por iso Gide escribiu que Wilde non era un gran escritor -eu penso que si-. O caso é que canto máis vida social menos vida artística, canto máis paseo menos escribo PERIFÉRICOS.

Efectos da globalización:
Este sábado gran corrida de touros á española (con espada) en Shangay.

|

17.10.04

Elementos do feito diferencial: VODA Á GALEGA

1º prato: Boi de mar.

2º prato: Cigalas.

3º prato: Langostinos.

4º prato: Ameixas.

5º prato: Rape.

Transición: Sorbete de Limón

6º prato: Tenreira asada.

7º prato: Cordeiro.

Postres: Primeiro postre: Copa de xeado de nata
Segundo postre: Torta xeada con chocolate quente
Terceiro postre: Torta nupcial

Café ou infunsións, licores, música e barra libre.

Regalos aos convidados: Dous puros e dous paquetes de Malboro (de contrabando) per capita e un pastelleiro para as donas.


|

14.10.04

Las nociones abstractas siempre esconden una figura sensorial (Jacques Derrida)

foto, pegamento, ficha,
foto, pegamento, ficha, horarios
foto, pegamento, ficha, matrícula
foto, pegamento, ficha, bolsa
foto, pegamento, ficha
¿estudio?
burocracia, burocracia

|

13.10.04

Silencio, brisa y cordura
dan aliento a mi locura
Hay nieve, hay fuego, hay deseos
allí donde me recreo
(ANTONIO VEGA)

As obras mestras xogan ao límite. Na corda froxa sentimento, máis alá sensiblería. E nese terreno pantanoso onde se ten que mover PERIFÉRICOS, expoñendo e arriscando.

|

11.10.04

Eu quero ser ghaiteiro...

"Al esposo de la infanta, Jaime de Marichalar, le debió causar cierta sorpresa la vestimenta tradicional, ya que tanto el sábado como ayer se interesó por tener una chaqueta como la de su hijo Froilán. Sobre su preferencia a la hora de elegir color, Marichalar se decantó por el blanco". (LA VOZ DE GALICIA)


|

10.10.04

Morreu Jacques Derrida, filósofo francés. As cátedras de arte contemporánea das principais universidades norteamericanas están de loito.

Espíritu de bata de guatiné, tacón de agulla, gazpacho e rulos. O argumento de Mujeres al borde de un ataque de nervios ben podería ser a historia da telenovela das tardes da primeira. O melodrama histérico desatado. A diferencia entre Almodóvar e os culebróns vespertinos: o espírito de bolero das súas creacións.

|

9.10.04

Teatro Principal, Metropol, Salón Teatro, Capitol, Yago e Avenida. Os setes cines compostelás no sesenta e oito.

Invente un idioma. Prácticas de laboratorio:
Despois de todos os trocos na normativa propoño cambiar os carácteres do galego e adoptar o cirílico. Todo sexa por loitar contra a extinción do galego gañando puxanza no emerxente mercado editorial ruso.

Froilanistas do mundo!!! O futuro Froilán I (lexítimo herdeiro da coroa española e do ducado de Lugo) e a súa real familia atópanse visitando a capital lucense. ZP, a pesar do "Plan Galicia de mierda" tamén estivo tomando polvo en tan ilustre vila.





|

8.10.04

IMPERFECTAMENTE PERIFÉRICOS: 2500 Visitas.


Tiña que ser. Con prudente impuntualidade apareceu coa súa presencia mínima e discreta enriba do escenario. A pesar da infernal acústica e os problemas de son a súa a voz foi unha caricia ao vento, un salouco melódico dunha alma triste que chora cada día. A xente (dos quince aos cincuenta e máis alá) apraudía no inconfundible primeiro acorde das súas mellores cancións. Él é o poeta do pop español. Xa sabes... se PERIFÉRICOS fose música sería unha canción de Antonio Vega.



|

6.10.04

Revisando as visitas de PERIFÉRICOS atopei: "5 octubre 22:40 Georgetown University, Washington, D.C., Estados Unidos" ¿Sería él?

O desvancemento de Manuel Fraga ou o triunfo do tempo sobre o poder.

Hai poucos filmes nos que un sinta que cada plano está mimado ao detalle, que só podería ser así porque ese é o mellor xeito de filmalo. Big Fish de Tim Burton é un deles. O realizador estadounidense crea un mundo cheo de irrealidades pero fondamente humano. Un filme con corazón, tenrura e moito amor que osixena os productos cinematográficos de calidade do momento tan apegados a existencia. Simplemente fantástica.
(Nesta tamén chorei)

|

5.10.04

INICIO DE CURSO

Estaba eu hai dous días esperando o bus e quizáis o ámbiente bucólico e pastoril, o tintineo das ovellas da leira de atrás ou o frío que estaba pasando evocaron en mi dous pensamentos.
O primeiro era que se me olvidara meter na maleta o xersei vermello (o que levaría a conseguinte reprimenda materna) e o segundo era que ía coller por sexto curso o bus rumbo a Santiago. Ao meu carón dúas rapazas novas falaban. Pues yo tía no sé ni dónde está la clase. Pues tú por lo menos vas con Susana que es que yo no conozco a nadie. Dicen que el primer jueves hay mazo gente. Eu sorrín lembrando o meu primeiro ano nas noites nas que nos reuníamos na Alameda para pasar frío e compartir risas e ideas. E por sexto ano: A onde? A Compostela.

|

4.10.04

Odio as despedidas. ¿Por que? Non o sei. Quizáis porque non me saiba despedir. Supoño que se me soubese despedir non odiaria as despedidas.

|

2.10.04

Por suposto, as persoas sempre estarán por riba da arte.

E Acebes fala do 36, Gallardón pide autocrítica, Mayor Oreja non pide autocrítica senón autoafirmación, Piqué axiomático sentencia: non hai comunidades mellores nen peores. Rañando por detrás do laranxa segue o gris. ¿E Rajoy?.

FE DE ERRATAS:
Seguindo a túa apreciación corrixo. Exactamanente Baltar non dixo a seguinte frase que eu incorrectamente lle atribuín: "Sino eres del PP jódete, jódete". En realidade dixo: "Sino eres del PP jodeté, jodeté" . Que aínda que é parecido non é o mesmo.

|

1.10.04

Entrei no Quiosco Alfonso (A Coruña) e o meu T.A.D. fíxose obra. Non estaban todos (faltaba Pollock!!!) pero si que estaban moitos dos que decidiron o rumbo da arte norteamerica: Mel Ramos, Warholl, Nolland, Robert Morris, Motherwell, Ad Reindhart, Lichtenstein, Stella, Johns, Rauschenberg, De Kooning (o preferido da miña nai), Lee Krasner e moitos máis. Aínda que colateral e periférica é unha exposición que merece a pena.
VARIACIÓNS:
Aínda que penso que te fuches negra sombra, negra sombra (Rosalía)





|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License