30.9.04

SMS envíadas hoxe:

Estoy delante de una obra de Robert Rauschenberg (mensaxe envíada ás 12:43)

Estou diante dunha obra de Jaspers Johns (mensaxe envíada ás 12:48)

Estoy delante de una obra de Roy Lichtenstein (mensaxe envíada ás 12:49)

Stoy dlant d 1 obra de Andy Warholl (mensaxe envíada ás 12:51)

He estado dlant d tres obras d D Kooning que nunca podré comprar (mensaxe envíada ás 12:51) Adxunto por inxeniosa a resposta a este SMS: "Siempre podras robarlo, como l grito, si quieres t dejo unos guantes blancos".

¿Nova York? ¿Beverly Hills? Non, máis preto La odisea americana exposta no Quiosco Alfonso (A Coruña).


|

29.9.04

Ás grandes discusións só sobreviven os grandes amores.

¿Evolución? ¿Avance? Non todo é tan bonito, non esquezas o envés da ciencia. A cuestión que se plantexa é se merece a pena todo este avance tecnolóxico (sopesar pros e contras, prestacións e contraprestacións).

Para afortunados...

Prerrafaelitas: la visión de la naturaleza.

Convoca:
Tate Britain de Londres-Fundación "La Caixa"-Alte Nationalgalerie de Berlín

Descripción:
Primera exposición que se centra exclusivamente en la profunda fascinación que experimentaron los prerrafaelitas por el mundo natural y en cómo establecieron, a través de su lectura de la naturaleza, algunas de las pautas que marcaron el arte del siglo XX. La exposición reúne unas 150 obras, entre las que se cuentan cuadros tan célebres como Ofelia (1851-52) de John Everett Millais, Nuestras costas inglesas (Ovejas descarriadas) (1852) de William Holman Hunt, y Los lindos corderitos (1851-59) de Ford Madox Brown. Las pinturas proceden de las principales pinacotecas británicas, como la Tate Britain, el British Museum, el Victoria and Albert Museum o el Birmingham Museum and Art Gallery.Horario: de lunes a sábado, de 11.00 a 20.00 h; domingos y festivos, de 11.00 a 14.30 h; martes, cerrado.

Lugar:
Sala de Exposiciones de la Fundación "la Caixa"

Fechas:
29-09-2004 al 09-01-2005

Dirección:
C. Serrano, 60, Madrid
Teléfono:
902 223 040
Costo:
Entrada gratuita

|

28.9.04

Cuíña entrou en escea...

E todos parecían felices naquela romaría do Monte do Gozo na que Baltar cantaba a ritmo de trombón: "si no eres del PP, jódete, jódete" ante a impávida presencia do líder dos do birrete Mariano Rajoy.

E Fraga dous días máis con gastronterite.



|

27.9.04

Veñen de Madrid e son máis altos, máis listos e máis guapos. Teñen estudios e saben inglés pero falan mal o galego e non comprenden o espírito de charanga, polvo, trombón, gaita e lacón. Non baixan a tomar as tazas cos paisanos e visten de traxe caro.
Por iso a boina se rebela contra o birrete. Polo seu xeito de vivir contra as tradicións do país, por non vender favores, por fuxir do mesianismo e das romarías, por ser ratas de administración. Dúas formas opostas de entender a política. Baltar contra Núñez. Un cisma que poder sellar o seu inicio na cea desta noite (se a gastronterite de Fraga permítille asistir á cita).

|

25.9.04

-Sempre teñen que vir os de fóra a lembrarnos o noso. LLoréns creou en pintura a paisaxe galega, Sotomayor (no seu redescubremento de Galicia) creou a pintura de tipo galego, e agora Amenábar crea o primeiro filme de tipo galego.

-
Que sexa un filme de tipo galego ou non é o de menos o caso é conseguir facer unha boa película.


- Xa, xa, iso por suposto, pero pódense universalizar os problemas e as inquietudes de Galicia.


- Por suposto, pero, parafraseando a Pollock, non creo que haxa unhas matemáticas de tipo galegas e tampouco creo que haxa un cine de tipo galego.


- Pois eu penso que este é o primeiro filme que consegue universalizar as esencias de Galicia.


- Pode ser, pode ser, pero falar de esencia é perigoso rapaz, moi perigoso.
------------------------------------------------------------------------------------------------

É a ciencia fíxose blog (a familia crece).

|

24.9.04

Cunha potente imaxinación, unha posta en escea novedosa (esencial, literal e teatral) Lars von Trier volta a experimentar co cinema. As súas ansias pola novidade estética lembran á filmografía dos sesenta e setenta. Von Trier indaga na linguaxe cinematográfica, crea novos espacios e reinterpreta a comunicación audiovisual. Un formalista gozará plenamente coa obra de Von Trier.
En Dogville, filme feito no 2003, Von Trier condea ao home. Non hai redención na piedade. O home inxusto ten que ser castiagado e de nada serve perdoar.
Dogville é un universo ambiguo, opresor e desmitificador no que todos se convirten en verdugos dunha misteriosa e hipnótica Nicole Kidman. Pero neste filme todo ten un envés e a víctima tamén se pode convertir en verdugo.

|

23.9.04

Extractos do Oscar Wilde de Andre Gide (as comiñas indican frases de Wilde)


Cuando el escandaloso proceso, que apasionó a la opinión inglesa, amenazó con quebrar su vida -a de Wilde- algunos literatos y algunos artistas intentaron una especie de salvamento en nombre de la literatura y el arte. Se esperaba que, alabando al escritor, se lograría justificar al hombre. ¡Ah se creó un malentendido, porque, fuerza es reconocerlo: Wilde no es un gran escritor!.
Gran escritor no, pero sí gran vividor.
"He puesto el genio en mi vida, en mis obras sólo he puesto mi talento"
Wilde no conversaba, contaba (...) Contaba despacio, lentamente, su misma voz era maravillosa.
El evangelio inquietaba y atormentaba al pagano Wilde. No le perdonaba sus milagros. El milagro pagano es la obra de arte: el cristianismo invadía su terreno. Todo irrealismo artístico sólido exige en la vida un realismo convencido.
Sus más ingeniosos apólogos, sus ironías más inquietantes, se proponían confrontar las dos morales, el naturalismo pagano y el idealismo cristiano, y despojar a este de todo sentido.
"Los dioses me lo concedieron casi todo (...) hice del arte una filosofía y de la filosofía un arte (...) todo lo que toqué se volvió bello con una nueva forma de belleza (...) mostre que lo falso y lo verdadero son sólo formas de existencia intelectual"
"(...) desperté la imaginación de mi siglo hasta hacerle crear mitos y leyendas en torno a mi. Resumí todos los sistemas en una frase y toda la existencia en un epigrama."
"En Arte, sabe usted, no existe la primera persona"

|

22.9.04

As horas mortas na Quintana "hueveando" fixeron nacer toda unha mitoloxía granítica. No Olimpo desta mitoloxía compostelá ocupa un lugar preferente Shirley Maclaine, icono da era protopop. Billy Wilder, xenio burlón da Galicia polaca, roda en mil novecentos sesenta a súa película máis premiada (quizáis tamén a mellor). Con cinco Oscars, O Apartamento, vén a ser unha sátira do americano medio. En realidade, todos somos un pouco Jack Lemmon cando envexamos os cartos e, sobre todo, a muller do xefe. A este respecto sería aplicable unha frase que entre canción e canción lle escoitei nunha das súas parrafadas a Ismael Serrano: "era tan guapa que parecía la mujer del otro".
E entre tanto magnate mangante brilla no celuloide unha rutilante ascensorista que interpreta maxistralmente Shirley Maclaine, ¡Que ben sabía escoller as súas actrices Wilder!.

|

21.9.04

Garci é o neoclásico do cinema español, os seus filmes son como as esculturas de mármore branco de Thorvaldsen, pero como bon clasicista español engádelle a este gusto estético un lacrimóxeno e melodramático toque sentimental. Garci soña con ser John Ford e convertir a súa Asturias natal nun set do Hollywood dos corenta. Un gran director e, sobre todo, un gran cinéfilo.

|

20.9.04

A pesar da dignidade técnica do cinema falanxista, a fílmica española quedou mutilada despois da Guerra Civil. Con Buñuel fóra do país a recuperación interior (a pesar da valiosa labor de Nevile e Saenz de Heredia) chegou da man de Bardem (Juan Antonio non Javier) e de J.L. García Berlanga. Ambos puxeron a filmografía de España a nivel do que se estaba a facer no resto de Europa. Bienvenido Mister Marshall, Plácido, Muerte de un ciclista son exemplos desta recuperación.
Muerte de un ciclista, premio da Crítica no Festival de Cannes, é un marabilloso filme nacido do existecialismo da posguerra tardía (en mil novecentos cincuenta e cinco) no que brilla a cara de lúa chea de Lucia Bosé, a mdme. Flaubert de Bardem.

|

19.9.04

Luis Buñuel é un dos xenios artísticos máis controvertidos do século XX. En Los Olvidados realismo e surrealismo danse a man nun extraordinario equilibrio. A desintegración familiar, a miseria moral e económica circundan o tema principal da película que é a inadaptación. Todo elo pasado pola peculiar cosmovisión do director turolense, é dicir o total desprezo polo home e a súa imposibilidade de redención.
Premio da crítica e ao mellor director no Festival de Cannes en mil novecentos cincuenta, o filme estéticamente preséntasenos como se fose un cadro da etapa azul de Picasso, bebe da tradición picaresca española, do mundo suburbial de Velázquez e, como non podería ser doutro modo, do polo onírico freudiano.
Convén vela, sobre todo para estómagos de cea liviana, porque cincuenta e catro anos despois a sociedade aínda non sabe que facer cos esquecidos, cos inadaptados.

|

18.9.04

Contaba Garci que probablemente o cine lle salvara a vida nalgunha ocasión...



grandes

GRACIAS!!

|

17.9.04

Tras catro horas e media de exame, que retumbe este berro dende Xestoso a Sri Lanka... REMATEI!!!!!

|
Ambiente de estudio na Xeral

2º ACTO

1ª ESCEA: Solo de violín para turista (co mesmo repertorio que o outro día, iso sí en diferente orde. Nótase un certo progreso na execución técnica das obras como ben sabe apreciar o público que o premia con xenerosos aprausos).

2ª ESCEA: Orfeón de peregrinos borrachos (todo un clásico) entonando Mirando al mar.

3ª ESCEA: Tunos acompañados das insensatas de turno. Amplo e variado repertorio dende Estopa ("La raja de tu falda") ao Himno Galego.

4ª ESCEA: Compañeiro escoitando El larguero con cascos pero a todo volume ("Tu afición es sentimiento y tiene mucho alimento...)

|

16.9.04

PERIFÉRICOS con nocturnidade e alevosía trasmitindo gratis dende a compstelá Biblioteca Xeral...

Un exemplo de cine nacional fóra da súa nación, o chileno de despois de Allende.

E mañá Woody Allen en Donosti e eu aquí gastando codo a un día de rematar. Có que me gustaríalle dicirlle que os paralelismos entre a súa obra fílmica e a miña vida empezan a serme molestos.

Oesense ruídos que veñen da rúa, será outro espectáculo de luz e son patrocinado pola Xunta (todo sexa polo turismo de calidade e por convertir a Galicia nun bar no que poñen boas tapas). Paréceme que me espera unha longa noite de madeira, papel e tinta. Seguiremos informando...

|

15.9.04

Para as noites de insomnio...

Padrenuestro pequeniño

Padrenuestro pequeniño
que vas polo carreiriño,
as meniñas de cordón
a ofreser esta orasión.

A orasión de peleghrín
eu a Cristo ben o vin,
de rodillas no altar
cos peíños a sangrar.

Tente Magdalena tente
no me veñas a maghoar
que estas son as cinco llaghas
que todos habemos pasar,
pequeniños e ghradiños
a todos nos han de salvar.


|

14.9.04

Nunca falaremos como Ramoncín, nen pronunciaremos perfectamente en alemán, nen escribiremos en galego-portugués. Nunca levaremos calzoncillos Calvin Klein, nen teremos unha moza que se pareza a Cameron Díaz, nen seremos os propietarios dun yate-comuna en Ibiza. Nunca nos darán a Copa Volpi, nen tocaremos coma Deluxe, nen posaremos facendo un desnudo artístico. Nunca seremos os directores dun programa de Radio 3, nen escriberemos como Ray Loriga, nen teremos un Fanzine. NUNCA. E sabes por qué? Porque nunca seremos uns COOLturetas... pero aínda así non perdemos a esperanza EL SITIO .

|

13.9.04

E por Compostela chove como sempre choveu...

A omnipresencia evanescente na idade cibernética
No messenger apareces "En línea" pero non contestas. Mándoche un mail, non ten resposta. Chámote ao fixo, non estas. Chámote ao móbil e está apagado ou fóra de cobertura. Tantas posibilidades de comunicarnos e sego sen atoparte.

PRÓXIMAMENTE EN PERIFÉRICOS:
As causas de porqué nunca seremos uns COOLturetas.
Reflexións acerca de Mar adentro a película de Amenábar.


|

12.9.04

Ambiente de estudio na Xeral

1º ACTO

Primeira escea- Solo de violín para turista.

Segunda escea- Orfeón de peregrinos borrachos cantando: Soy minero.

Terceira escea- Perfomance: Grupo de persoas disfrazados con testas de bois tirando dun enorme carro representando a chegada do Apóstolo a Compostela, o "séquito" de bois era acompañado por dous gaiteiros vestidos ao xeito tradicional pero de cor dourado.

Cuarta escea- Coral polifónica de cativos xogando ao escondite.

Quinta escea- Espectáculo de cor e luz a cargo do Xacobeo.



|

11.9.04

Falaba Casares nun dos seus artigos Á Marxe dos viaxeiros de cheminea, xente que viaxaba únicamente a través dos libros. Levado ao noso contexto máis cercano esta posición ante á vida vén sendo como a de miña nai cando ve Galeguidade porque según ela neste programa pode ver lugares como Hong Kong ou Madagascar, lugares aos que nunca irá, sitios que sen o poder do audiovisual nunca coñecería. Eu cando estudio tamén me sinto como un viaxeiro de cheminea, tantos edificios, lugares, obras e xente ... e eu aquí atrapado no granito mentras observo a ponte de Brooklyn.


|

10.9.04

Morreu Manuel María
calou a voz incómoda,
calou a voz de POETA dos poucos que quedaban
nesta terra que mata
a súa alma lírica
con ladrillo visto.

Morreu Manuel María
e na chaira ao lonxe
oése chorar a un carro que xa non canta,
xa non.

|

9.9.04

¡ Tanto le canto a la luna que acabó enamorándola! (Ramón Melendi) A ver se é certo...

Por desgracia todavía non hai vacacións, aínda teño que axustar contas pendentes con algún profesor con fama de frío, deses aos que non lles treme a man á hora de suspender a media crase. Así que axustarei ben o bolígrafo e o día dezasete dispararei certeramente os saberes. E despois.... PARTY RACHADA!! -ata entón seguirei coa miña de ascesis-.



|

8.9.04

VARIACIÓNS:
"El triunfo de la volunT.A.D." (Leni Riefenstahl)
Escribiu Marx que a historia se repite dúas veces, a primeira vez como drama e a segunda como farsa (de aí que as segundas partes nunca -ou poucas veces- sexan boas). Xa dixen que iso pasaba con este retorno burgués dos oitenta. Pero esta suxerente teoría tamén se pode aplicar a outros eidos alleos á arte como por exemplo á política. ¿Alguén imaxina que de vivir Lord Byron lle chamara ao seu barco El neoliberal?.
OFERTA PÚBLICA:
Se alguén desexa recibir o traballo académicamente dirixido (T.A.D) Os últimos anos da Escola de Nova York: Robert Rauschenberg e a volta ao referente que deixe nos comments o seu mail.




|

7.9.04

Teño que berralo!!!!! remaTADo e finiquiTADo!!!!!
Habitantes da España plurinacional, colectividade galega no espacio e ciberespacio, persoas alén do telón do grelo hoxe acabei o T.A.D.!!! Xa o teño impreso e mañá pola mañanciña o entrego.
Quero agradecer a aqueles que ben cos seus escritos ou ben co seu apoio ou a súa música fixeron posible este traballo. Dende Clement Greenberg ata Melendi (pasando por RAULETE -a web-), dende Nova York ata Vigo (pasando por COMPOSTELA -a web-). A todo vós MOITAS GRACIAS..

|
"La luna es ausencia" (V. Aleixandre)

Efectos dun mundo globalizado:
Na Olimpiada de Atenas Nike patrocinaba a vestimenta deportiva do equipo chino.



|

6.9.04

ENQUISA

Que música pensa vostede que producirían os planetas ao xirar?

a) Xirarei (XIL RÍOS)
b) Apatrullando la ciudad (EL FARY ¿ultra?)
c) Pesadilla en el parque de atracciones (LOS PLANETAS)
d) Xuntos (JUAN PARDO)
e) In the Guetto (EL PRÍNCIPE GITANO)
f) Asturias (MELENDI)
g) Que yo no lo sabía (A versión que os ELEFANTES fan con ANTONIO VEGA)
h) Outras (especifique cales).

|

5.9.04

Volto intelectualmente a Grecia (parece mentira!)

Erato estaba tan triste como sempre.

Os pitagóricos crían que os planetas ao xirar producían música (¿pop?).

"Los grandes placeres nacen de contemplar obras hermosas" (Demócrito)

Desenchufo e sigo no meu mundo da Grecia arcaica (aínda queda para chegar ao Gótico).

|

4.9.04

Pide na rúa porque é un vello ao que ninguén lle da traballo e non ten nen cartos nen familia, ou iso é o que pon o cartel. Sempre vai aseado e peiteado aínda que mal afeitado e vestindo a mesma camisa de cadros. Mentras a xente pasa por diante del adícase a ler un libro de follas gastadas polo tempo e así lle van pasando as horas.

|

3.9.04

Menudo luns me espera!! Entrega de T.A.D. e exame. A cousa non pinta moi ben, pero bueno nunca choveu que non escampase (como pasa no piso). Non teño tempo nin para exposicións nin para metáfisicas (lástima) neste momento son tan só un material boy in a material world.

|

1.9.04

Well, well, xa veu o fontaneiro, un tipo profesional, moi profesional, tanto que ao ver o que pasaba dixo: "Non me debera meter no traballo dos outros, pero doéme na alma ver estas chapuzas"

Hai vai o segundo e último ramillete de GREGUERÍAS. Instruccións de uso: ler e saborear lentamente (non fai falta axitar antes de usalas):

Avanza la mujer como un desafío secreto por el mundo.

El beso nunca es singular.

Las mullaras creyeron que iban a contener los siglos, pero todas se rompieron y el tiempo se desparramó por los campos.

Todos van contra el hombre feliz como si fuese un capitalista.

Un beso puede ser una caricia o una llaga.

Ningún espacio mejor aprovechado arquitectonicamente que una lata de sardinas.

La botella vacía aumenta la soledad.

De pronto cae una gota en nuestra mano: el ángel llora.

La soledad se asoma al abismo.

|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License