31.8.04

Primeiro amencer no piso. Pasou a noite sen incidencias (menos mal!) pero a cisterna segue inhabilitada e a axencia segue sen dar novas de vida (still alive?) así que me presentarei alí en persoa con cara enoxada (impoñendo, se é que podo impoñer algo) para preguntar que "¿qué hay de lo mío?". Ademáis teño que rematar de repasar o texto e a bibliografía do T.A.D. (dou públicamente ás gracias a quen lle corresponde por deixarme o ordeador persoal) e mercar o imprescindible para vivir (co lío dos exames e o T.A.D. estes primeiro días de aclimatamento no piso van ser en plan oku pa). Como o que queda por facer é moito desconecto: cambio e corto, hai alguén que me reciba?.

Non se perda mañá en PERIFÉRICOS o segundo ramillete de GREGUERÍAS.

|

30.8.04

Tiñamos razón!!! Voltan os oitenta!!, Xa hai catro anos que o levamos dicindo. A nosa tese pode ser formulada en conspicuos termos filosóficos sen que poñamos roibos. Sen embargo a nosa teoría do retorno de estilos non é tan novedosa como críamos, hai poucas cousas que non estén inventadas, mecachis!!!. Bürguer fala de neovangarda para referirse ao retorno que se produciu na arte de certas actitudes das vangardas históricas, Hal Foster (posestructuralista, que frías me parecen a apliación á arte das teses defendidas polo estructuralismo lingüístico) fala de primeira neovangarda para referirse ás obras de Rauschenberg como rescate das técnicas dadaístas e segunda neovangarda para denominar certa a arte dos sesenta (como o minimalismo e o pop). Nestas neovangardas institucionalizaríase a provocación dada, a provocación pasaría de ser unha molestía para o espectador a ser unha necesidade. O que nos pensabamos que era tan orixinal xa estaba presente en Marx quen nunha das súas creacións escribiu que a historia sempre se repite dúas veces: a primeira como traxedia e a segunda como farsa. Tal cual ocorre neste retorno burgués dos oitenta.

|
Fixen o test que aparece na DORFUNTECA (remito a webeando), este foi o resultado: "Tu ideología política parece ser de...APOLÍTICO No tienes una ideología política definida, o no la quieres mostrar. Puedes que seas alguno de esos votos ocultos que destrozan las predicciones o puede que ninguna de nuestras preguntas hayan sido capaces de definir tu ideología".

Voltei hoxe a Santiago. Como xa dixen Compostela parece ser a excepción ao fluir de Heráclito. Fraga segue mandando a golpe de gaita, autopista, polvo e lacón (e parece que a cousa vai para rato), a Praza Roxa segue en obras, os estudiantes van chegando pouco a pouco para os exames de septembro e a catedral segue proxectando ao ceo a súa arrogancia granítica. Nada cambia e todo permanece. Pero non todo segue igual, esté é o primeiro ano de experiencia autónoma nun piso. O inicio foi como unha peli de Woody Allen, a presencia deste suxeto na miña vida estase convirtindo nunha pesada coincidencia, un voreo para atopar a chave da luz e da auga e aínda por riba cando xa parecía que todo ía, resulta que o water anda medio defecuoso e non para de botar auga, para pechar a auga do baño dinlle a chave (acto lóxico) pero como a chave está moi vella enriba de non pechar a auga comezou a gotear. Pero bueno, os inicios nunca foron fáciles. Así que pasarei esta noite soíño como Juan sin miedo agardando a que chegue o compañeiro de piso. Estou contento de estrear oficialmente piso e etapa, espero que dure.

|

27.8.04

Hai vai un ramillete de Greguerías de Gómez de la Serna:

Ningún ejemplo del arte por el arte como la flor.

El poeta se alimenta con galletas de luna.

En la sala del cine siempre hay alguien cuyo drama es el que se está proyectando en la pantalla.

La hortensia tiene mojado de cielo sus ojos azules.

Aburrirse es besar la muerte.

Era tan mal guitarrista que se le escapó la guitarra con otro.

La luna bohemia y trasnochada apaga su luz, cierra su ventana y duerme durante el día.

La películas que hemos querido ver sin haber podido lograrlo, son como las vidas que hemos podido vivir y se nos escaparon.

La Biblia es el diccionario del alma.

Hay días grises que son días medievales, tejados de pizarra.

|

26.8.04

Cierta empresa se ha mostrado recientemente interesada por la compra de mi "aura" (ANDY WARHOLL).

Hai uns días roubaron O berro de E. Munch. O berro é un icono do século da ansiedade, poucas carpetas en todo o mundo dos esforzados estudiantes de historia da arte quedarán sen forrar coa lámina de dita pintura (na excepción me inclúo).

Berro


Cayetana Guillén falando dos dous últimos traballos de Pedro Almodóvar (que nese momento eran Todo sobre mi madre e Hable con ella) preguntoulle a Agustín Almodóvar (irmán e productor do director manchego) se pensaba que nestes filmes se notaba un desexo do realizador de ser pai. Agustín, sorprendido pola pregunta, contestou que cría que non porque Pedro xa tiña como fillas ás súas películas.

|

25.8.04

Novas neomods:
Concerto de The Hives na Sala Aqualung de Madrid o martes dezanove de outubro.

Con esto de ler tanto a DORFUNTECA (véxase webeando) estame a picar o becho das novas tecnoloxías (que están deixando de ser para min unha frivolidade para pasar a ser unha utilidade). Así que me propuxen deixar de ser un analfeto funcional cibernético (despois dos exames of course). Ademáis teño gañas de mercar un ordeador persoal e unha cámara dixital ( para os que non teño cartos pero tampouco teño prisa). Por iso, agardando no tedio da estación de autobuses de Coruña, caín na tentación publicitaria do vermello e o amarelo e comprei a revista PC Today que traía unha lista das cen millores cámaras dixitais do mercado e dos dez mellores ordeadores persoais de menos de mil cincocentos euros (detalle importante o do prezo). Non sei se será moi fiable pero polo menos resulta interesante para saber o "estadio" de evolución no que se atopan estes aparatos. Espero, si este ano me voltan a conceder a bolsa do estado, invertir responsablemente en novas tecnoloxías como complemento necesario da miña formación (o do inglés deixareinno para máis adiante).



|

24.8.04

O menú da comida da xuntanza celebrada onte no restaurante A Cabana de O Pedrido entre Fraga e Rajoy.
PRIMEIRO PRATO: Revolto de grelos con cigalas.
SEGUNDO PRATO: Lomos de pescada recheos de centolos.
VIÑOS: Terra Gauda etiqueta negra (Albariño) e Quinta de Ventozela Vintage (Oporto).
Ademáis da comida Rajoy disfrutou dun puro Partagás nº4.

Onte fun a Compostela que estaba ateigada de turistas (cartiño fresco) aínda que había menos dos que esperaba (digan o que nos digan dende San Caetano corren malos tempos para a hostalaría). Fun a refacer o D.N.I. (deixo de ser un ilegal con papeis) e a buscar libros de Hal Foster. Do crítico estadounidense atopei en castelán unha entrevista que lle fixo Ana María Guasch e máis un libro interesante: El retorno de lo real. La vanguardia a finales de siglo. Ademáis pillei un libro de Thomas Crow que parece interesante para a última parte do T.A.D.: El esplendor de los sesenta. No envés da viaxe está que non puiden visitar a "Arañeira" do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) e a mostra de 7000 anos de arte persa, que se vai voltar de Irán sen que a vexa (snif! snif!)

|

23.8.04

O bus Coruña-Viveiro acaba de efectuar a súa parada en Miño.

XÉMINIS: "Hoy le gustará charlar y comunicarse, cosa que hará de forma armoniosa e inteligente"

A Juan

-Oíche e dille ao teu pai que tome as pastilliñas. Este é o bus que vai a Ferrol?
-(...)
-Xa sei, xa sei que ti lle dis que as tome. Pero el está enfermo, sabes Juan. El estache enfermiño é non se da conta.
-(...)
-E se se volta a poñer mal, chama. Pero que tome as pastillas. A ver si ti consigues que as tome que a ti faiche caso Juan ¿Pero é o que vai directo a Ferrol?
-(...)
- Bueno Juan subo que xa son as cinco en punto. Moito ánimo Juan, moito ánimo. Rezarei por vos Juaniño, rezarei por vos.

|

22.8.04

Un pedíulle ao xenio todo o diñeiro do mundo. E o xenio concedeulle o desexo. Ao día seguinte o seu corazón parou e non puido disfrutar dos cartos.

Outro pedíulle ao xenio saude. E o xenio condeulle o desexo. As enfermidades non lle afectaban pero levaba unha existencia tan triste que a súa vida convertíuse nunha condea eterna.

E ti, vendo o que lle pasou aos outro dous, pedíchelle ao xenio felicidade. E o xenio concedeuche o desexo. Deixouche tal como estabas.

|

20.8.04

"Que vai ser París a capital de Francia se é unha orquestra de Noia" (Os Tonechos)

Propostas para nomes dun grupo de pop:
The Chapopeiros
Estúpidos Adolescentes
Os Post-histéricos
Bohemian Vendetta (este último foi o nome dun grupo pouco coñecido da Nova York dos setenta)

"Un ser vivo, incluso cuando es feo, será más hermoso que una bonita estatua" (Plotino)

|

19.8.04

E ti a que te adicas?
A ser.
Nota do autor para a comprensión do diálogo: Non confundir ser con existir. Esencialismo, non existencialismo.

Onte á saída da biblioteca un rapaciño venezolano dicíalle a outro galego: "Sabes, aquí es invierno, pero en mi país es siempre verano".



|

18.8.04

Ars longa, vita brevis.

Extractos sacados de Tatarkievwicz W: Historia de la estética. I. La estética antigua., Akal, Madrid, 2000.

Zeusis, preguntado por qué pintaba tan despacio respondió "Pinto despacio porque pinto la eternidad" (p.76)

Según Diógenes Laercio, Pitágoras sostenía que la vida es como los juegos, unos acuden a participar en las competiciones, otros para comerciar y otros sólo para ver. (p.90)

"Si es que hay algo por lo que merece la pena vivir, es por contemplar la belleza", escribió Platón en El Banquete. (p.119)

|

17.8.04

"Los problemas de Perú son grandes, pero Dios es más grande" (Allan García)

Corren malos tempos para o Deportivo. Lendoiro foi un modelo de xestor que subiu ao equipo de segunda á primeira con superávit. Agora non hai cartos, a cidade é pequena, non hai suficientes abonados e os empresarios non dan tanto como o clube querería. Non hai diñeiro e o equipo non ficha, paralízanlle as contas, é denunciado polo seu símbolo Fran e malvende a Naybet para aforrar . O quid da cuestión: a débeda é xigantesca e na Coruña non hai cidade deportiva que recalificar.

VARIACIÓNS:
"Los problemas del Deportivo da Coruña son grandes, pero Dios es más grande" (Allan García)

|

16.8.04

"Ha hablado el pueblo venezolano y la voz del pueblo es la voz de Dios" (Hugo Chávez)

Onomatopeias:

¡pop!
¡rap!
¡rock!
¡folk!
¡hip!
¡hop!
jazzzzzzzzzzzzzzzzzzz

|

15.8.04

Hoxe toca festa familiar ( e van tres este mes).

Na bruma dos tiros da tranquila localidade de Nayaf (segundo fontes dos antigos membros do ministerio de Defensa español) brilla no horizonte a cúpula de ouro da súa mezquita.

Á anotación de onte engado: nunca serei un chorvo COLISEUM, nen un neno Orzán.

|

14.8.04

Ao final vas ter razón e si que vou ser un asceta (asceta no senso en que ti o utilizabas -incorrectamente- como sinónimo de antisocial). Por iso nunca serei un rapaz A.J.M., nen un rapaz PISCIS, nen un rapaz KAPITAL, nen, por suposto, un chico CAPITOL. Na discoteca non son máis que un obxeto descontextualizado, un retazo posmoderno envolto en neón.

Creo que teño as chanclas máis kistch de toda a praia. Viñan de regalo cun bote de crema solar. Son de prástico laranxa con lunares brancos (Combinación difícil de superar).

|

13.8.04

Hoxe estou contento. Oh novidade!!! exclamará o habitual lector de PERIFÉRICOS ¿Porque estou contento? se preguntará o avizado internauta (indiferente resulta se está en Cracovia ou en Ferrol). A resposta é moi simple: casi-casi-casi teño rematada a terceira parte do meu T.A.D. A caída do paradigma formalista: Clement Greenberg. Clement Greenberg foi o primeiro crítico artístico norteamericano con categoría literaria (ou iso pensa Dore Ahston). Era un formalista (tamén se declara así a nosa Iolanda Castaño). Foi o que máis forte apostou pola arte estadounidense nun momento en que París continuaba a ser a capital mundial da arte e Estados Unidos era considerado un país PERIFÉRICO -artísticamente falando-. ¿Que pasou daquela para que deixasen de ser vixentes as teorías deste crítico que tan forte apostou polo primeiro estilo estadounidense que acodou renome internacional (o expresionismo abstracto)? Pois o que pasou é que a arte fixo ¡pop!. E Clement Greenberg nunca entendeu o pop.

Só me fai falla completar o tema coas teses de Hal Foster (por certo que sobre este teórico do que non teño nin idea acepto todo tipo de suxerencias constructivas).



|

12.8.04

Ves las horas marchar frente al televisor,
el teléfono está dormido en algún rincón,
ese disco que da vueltas sin descansar,
esa música que no podrás olvidar, no podrás olvidar (LA GUARDIA)

Resumo do meu T.A.D. en dúas imaxes. ¿Porque se pasa de Pollock

Bed

a Rauschenberg?

Bed


Cousas que non se poden pagar:
Erguerse e ter o almorzo feito. Café con leite, tostadas e marmelada.

|

11.8.04

A primeira anotación...

Tu hablabas de un rasacielos del cielo de Nueva York (a preciosa rapaza da El Sueño de Morfeo)

Gran cartel o da Semana Grande de Bilbao (claro que me interesa)
Roy Lichenstein way of life.

SemanaGrandedeBilbao


PORQUÉS ESTIVAIS:
Porque me custará estudiar tanto en verán? (aínda que chova).
Porque vexo tanta televisión? (aínda que non me interese).
Porque me acosto tan tarde? (aínda que teño que madrugar).

Hoxe inicio o proceso de desintoxicación televisivo baixo o lema MÁIS ESTUDIAR E MENOS ZAPEAR.

Puedo perderme en el alcohol
y dibujar un corazón.
Finjir que existe alguién más
que ahora ocupa tu lugar (LA GUARDIA)



|

10.8.04

PERIFÉRICOS: De Galicia a Galitzia (Polonia).

Resulta que o centro social onde me conecto free (dou as gracias ao conselleiro ou concelleiro que corresponda) ten ao seu carón biblioteca (con un par de enciclopedias de arte e todo). Así podo misturar o estudio dos apuntes e a consulta das imaxes que o meu profesor amablemente colgou na rede. Unha maravilla. O único problema é que so abre polas mañás (lástima!!!).

Para saber máis sobre o expresionismo abstracto, o pop e o posmodernismo rogo encarecidamente a lectura do post de hoxe de COMPOSTELA (Véxase webeando).

Dúbidas existenciais:
¿Como se dirá post en galego?.

|

9.8.04

E de novo está aquí PERIFÉRICOS

E o domingo ao final houbo pouco música folk pero moita e moi boa conversa.

Así está o país

Tres universidades, cando podíamos ter unha, descentralizada, equilibrada e capaz de aproveitar os recursos de que dispoñemos (...), tres ou catro museos de arte contempóranea, douscentos parques industriais (sen industriais), cinco institucións para o estudio da lingua e da cultura (ás que ninguén fai caso), obras faraónicas ( a Cidade da Cultura) de futuro incerto ou sen definir, bibliotecas sen dotación, cultura de espectáculo de masas, festa rachada, (...), piscinas climatizadas que custa millóns manter activas (e de utilización precaria), trescentos trece concellos (tantos como en todo Portugal) sen recursos propios e con poboación en caída libre, paseos marítimos a toda costa... (Víctor Freixanes na VOZ DE GALICIA).


E voltei a casa pensando en ti. Hai cousas que non poden ser, que non deben ser, que nunca serán.

Mañá máis.

|

7.8.04

Hoy es un día perfecto lo ha dicho en la tele el hombre del tiempo (La Habitación Roja)

PRAZOS:
De onte nun mes o primeiro exame.
O 17 de septembro é a data límite para entregar o T.A.D.

2ª Festa Familiar do verán (e as que quedan...)

Co teu verso escribiría
tódolos poemas
(alén do mundo)

Estarei o día oito pola noite choutando a rimto neofolki na praia de Riazor? PROXIMAMENTE EN PERIFÉRICOS.



|

5.8.04

FAR WEST

Nos oitenta Galicia convirtíuse nunha potencia europea do narcotráfico. De mariscadores a capos. Rapaces novos con carto fácil. Época romántica (por excesiva) onde moito era novo: nova música, nova poesía, novo sistema político, novas enfermidades, novas drogas... Queda todo por escribir e por filmar sobre esa época, sería necesario unha gran dose de autocrítica e nada de victimismos, a idea da Galicia mártir non como mito senón como realidade. A excepción (por singular e brillante) o documental de onte que botou a 2: Marea Branca.



|

4.8.04

O RECUNCHO DO DOUTOR ORDENATA

Dear Dr. Ordenata:

O caso é que estaba eu ben contento porque trouxen o ordenador para a praia e así podía continuar co meu T.A.D. (titulado -para @ que non o sepa- Os últimos anos da Escola de Nova York: Rauschenberg e a volta ao referente) pero resulta que ao instalarlle o Office XP Pro sen crave non me funciona. Despois de probar varias craves conseguín unha que lle funcionase pero entón abréseme unha fiestra que pon "El programa de insatalación no encuentra ningún producto necesario en el equipo. Seleccione unidad donde pueda encontrar un producto necesario". O caso é que seleccione a unidade que seleccione non atopa o dichoso producto necesario (aínda tendo o Cd pirata de Office metido).

¿Que é o que debo facer?

A.- Rezarlle ao patrón do ordenadores. Para o cal tería que saber quen é o patrón dos ordenadores.

B.- Tirar o ordenador pola fiestra. O cal me daría un certo aire de malditismo no bloque de apartamentos. Like a Rolling Stone da primeira época.

C.-Doar o ordenador a unha ONG. O cal sería unha putada para min (porque non tería en que facer o T.A.D.) e para a ONG porque non lle funcionaría nen o Word, nen o Acces, etc... etc...

D.- Outras opcións.



|

3.8.04

O primeiro día de estudio é como a volta de recoñecemento. Fáltame isto (porque non iría ese día a crase!!), mira ti isto o teño repetido, a ver se pillo este libro na biblioteca (que seguramente xa estará pillado), buff!!! cantos apuntamentos!!! pensei que non eran tantos!!, etc... etc... O caso é que non estudias nada pero polo menos sabes que tal vai o motor.

A estas alturas de multiculturalismo é difícil que algún producto artístico sorprenda. A pesar do síndrome da aldea global, das guías de viaxes, de internet e de Galeguidade (un programa da TVG) Oriente segue a ser ese gran incomprendido -culturalmente falando- so fai falla ver Lost in traslation. "Cuentos de la luna pálida de agosto" é un filme do xaponés Kenzo Mizoguchi. Realismo máxico, sordidez e ambición. Sensualidade, ambiguedade e suxerencia. Un mundo carnal cheo de irrealidades no que as paixóns desatan a traxedia. Na era do multiculturalismo un filme xaponés do ano cincuenta e tres ten a capacidade de sorprender ao espectador. Resulta curioso cando menos.

E pola noite farei un horario de estudio que nunca cumprirei porque o fago? atavismo? trauma freudiano?.

Na praia chove e troa (nubes e neboeiros, marexada forte marexada con ventos de forza tres)

|

2.8.04

Satélite PERIFÉRICOS buscando vida intelixente na televisión...

Dúas reflexións da miña avoa. Tome nota:

Din os médicos que a risa é boa porque é alegría ¿sabes?. E todo o que non sexa tristeza é bo.

A risa eche cousa seria.

Se ve a un ser con antenas non dubide en saludarme. Son os efectos secundarios de ver tanta televisión.

Abandoo a calor chairega e volto ao mar (hai que porse estudiar XA!)


|

1.8.04

Día pasivo post-esmorga: Satélite PERIFÉRICOS intentando conexión co planeta terra.

Espírito de charanga: Galicia a terra das cinco mil festas (máis de catro mil no verán).

O mar de Tarifa vomita os mortos do falso soño europeo.

A lúa chea de rostro enfermo, amarela pola túa ausencia.

O satélite PERIFÉRICOS continúa flotando no espacio interior. Cambio e corto.

|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License