31.7.04

Inconsciente colectivo ou Colectivo inconsciente: ¿Existiría algún mestre de escola republicano que non fose boa persoa?

Hoxe fixen unha doble sesión dvd (a Sesión Doble dos cines de antes):

BUSCANDO A NEMO A pesar de PIXAR non deixa de ser un producto DISNEY con tódalas marcas da casa.

TE DOY MIS OJOS Sobre os malos tratos ¿oportunista? NON. Sincera.

VARIACIÓNS:

Las niñas ya no quieren ser princesas senón "chica interviú" (JOAQUÍN SABINA)
Nota do "variador": Sego preferindo as princesas.

Que todo se arregla con mensaxes positivas... ¿estúpido? Non. ¿Inxenuo? Quizáis.

|

30.7.04

Agradezo as túas críticas, tomo nota e sego sendo (mellor do que era).

Consolídase a RUTA PERIFÉRICA: Miño - A Coruña - Compostela - Vilalba.

Los Planetas sacaron novo disco LOS PLANETAS CONTRA LA LEY DE LA GRAVEDAD (Atención naifs: hai dueto con Iranzu -La Buena Vida-)

Disfruto coas túas verdades, aínda que non sexan as miñas.

¿Reconciliarse co galego? Se sempres fostes amigos. Unha amizade calada e de poucos xestos como as boas amizades.

Proxectos para o novo milenio:
Intentarlle facer a vida máis agradable ao demáis (e de paso a min mesmo).

Dende este ciber non vexo o mar.

|

29.7.04

Eu pregunto, ti dubidas...

PERIFÉRICOS: Web site story.

Falando de cine: Mar adentro a última de Amenábar vai ao Festival de Venecia.

Conclusións parciais do seminario de verán "filosofee en bañador":
-A filantropía comeza na propia casa.
-Fuxir das grandilocuencias e cuidar os detalles.
-Botarlle á vida retranca (aínda máis).

De volta ao Ciber (xa o di o refrán: o que madruga ten internet gratis). Ao principio estaba bastante queimado entre as moscas carnívoras e os cativos berróns, pero o caso é que agora ata lle teño agarimo. O meu ordenata é o Un, que sempre está baleiro (non sei porqué pero resulta sospeitoso) , dende el podo disfrutrar dunhas preciosas vistas ao mar.

E mentras ti les isto en Portugal chove cinza.


|

28.7.04

Onte fun a corta- lo pelo. Recomendo á Escola de Negocios de Harvard que xa que puxo ao Real Madrid como exemplo de boa xestión dunha sociedade deportiva poña á miña perruquería estival como exemplo de máximo aproveitamento de explotación empresarial do metro cadradro. Nun espacio mínimo estaban tres señoras de idade avanzada e amplas cadeiras cos pes a remollo en cadansúa tina (un espectáculo inédito para min), outra -de similares características ás anteriores- que a quería que a peinasen como a raíña Sofía, outra máis que estaba esperando a que lle tocase a vez (que non paraba de falar das antiaptitudes e antiactitudes do seu marido), as tres perruqueiras e eu lendo o Hola en tanto non me atendían (por certo gracias a esta atenta lectura puiden saber que o fillo de Yoko Ono e Lennon leva tres meses saíndo coa filla de Mick Jagger).

As ruinas contemporáneas non agochan mitos nen misterio senón drama e desastre. Antonte vin GERMANIA. ANNO ZERO (Aviso a navegantes histórico-artísticos foi a película que o profesor Hueso puxo no exame de Historia de Cinema 2). Rossellini filma sobres as ruinas reais do Berlín do ano 48. Horizontes perdidos, brutalidade moral e decadencia na que non hai espacio para os soños da infancia. Outras ruinas de cine son as do Pianista de Polansky (magnífico plano xeral do protagonista so na inmensidade da Cracovia destruida).

As ruinas contemporáneas: Sarajevo, Kabul, Bagdag...


|

26.7.04

Non sexas un mártir das circunstancias.

Hoxe ás nove da mañá achegueime á praia a ver canta xente había. No quilómetro de area e mar só estaba un señor paseando cun detector de metais (con auriculares e todo) quizáis buscando algún tesouro dos que deixaron os piratas ingreses ou algún turista despitado.

Para Beuys todo ser humano es un artista en el sentido de que él puede cofigurar algo (ANA MARÍA GUASCH).

Todo é arte. Todo é posible:

Wie man den toten Hasen die Bilder erklärt ("Como se explican os cadros a unha lebre morta"). Acción artística levada a cabo en 1965 na que J. Beuys convírtese nunha escultura vivinte coa testa cuberta de mel e pan de ouro. Sentado nun recanto da galería ou de pe (subido nun tronco de abeto), explicaba a unha lebre morta que sostiña nos seus brazos o significado dos seus propios debuxos que colgaban nas paredes.

Os artistas británicos de Art and Language realizaron en 1967 a súa Pintura secreta obra que estaba conformada por dous elementos: unha tela (monocroma negra) e un texto. O texto dicía: O contido desta pintura é invisible, o carácter e as dimensións do contido deben permanecer en segredo, sendo só coñecido polo artista.
 
Unha das accións conceptuais que realizou On Kawara foi o envio de telegramas nos que escribía mensaxes coma I am not going to commit suicide -don´t worry ("Non me vou a suicidar - non vos preoucupedes )
 

Por fin conseguín un sitio para escribir gratuitamente PERIFÉRICOS.  Xa non fai falta que para financialo faga unha montaxe cunha famosa rubia de voluptuosas curvas que só quere ser unha actriz respetada. ¡Vivan os centros culturais das vilas pequenas!.

Dame tempo, non me esquezo da poesía que che debo.



|

25.7.04

From deep Galicia.

Y la vida se le fue de las manos, vino a cobrarse sus servicios prestados. Tuvo su momento de gloria, un secundario papel en la historia. (LOQUILLO Y LOS TROGLODITAS)

O crepúsculo dos ídolos

Morreu espida e soa no trono do corazón. Morreu na ducha que neste conto substitúe ao mar das lendas románticas. Morreu víctima de adiccións, contradiccións e contraindicacións. Os que hoxe a louban son os mesmos que esqueceron que detrás dunha crítica sempre hai unha persoa.

 

A Universidade de Lisboa otorgaralle a Manuel Fraga o que será o seu decimoterceiro doctorado honoris causa.

 

Todo é arte. Todo é posible:

Shoot obra de Chris Burden do ano 1970, na que un amigo lle disparou no brazo a unha distancia de cinco metros.

Scar Poems de Peter Weibel acción que data tamén do ano 1970 nela o artista introducía poemas escritos en papel debaixo da pel tras realizar os cortes necesarios que posteriormente cosía.

Acción Sentimental G. Plane autoinfrinxíase heridas con espinas de rosas en Psyché facía o mesmo pero con follas de afeitar.


|

23.7.04

Morreu o verso afogado
na túa escuridade.

Esencialismo:
Os anos pasan e Morrisey segue a ser o tipo elegante que sempre foi.

Escribir en galego para os galegos? Escribir... simplemente.

Frases recorrentes para unha conversa intelectual:

Decir que la historia terminó es decir que ya no existe un linde de la historia para que las obras de arte queden fuera de ella. Todo es posible. Todo puede ser arte (p.136)

En particular lo que me conmocionó del pop en esa época fue la forma en que subvertía una antigua enseñanza de Platón, quien relegó al arte mimético, al último escalón imaginable de la realidad (p.148)

El expresionismo abstracto desconfió del mundo que el artista pop deífico (p. 154)

E despois de todo isto debes sentenciar:

El arte pop significó el fin del arte. (p.154)

Todas esta frases están sacadas do libro (do que acabo de rematar a miña segunda lectura)  Después del fin del arte. El arte contemporáneo y el linde de la historia de Arthur C. Danto editado por Paidós no 2002.

Ata o pop nos remite a Grecia!!!. Por que todo nos remite á Grecia antiga? Debemos rematar con iso.
 


|

21.7.04

Os nosos soños bailaban xuntos ao ritmo da súa preciosa voz.

No final do mar as luces de Sada. Luces que agochaban nas noites da nosa infancia todo o que non podíamos ter.

Cando o levaron por primeira vez a ver o mar, abraíado pola súa inmensidade dixo: "¡Dios! canto daría toda esta terra a patacas".

A web rival COMPOSTELA superoume hoxe en número total de visitas. PARABÉNS!!! PERIFÉRICOS ou COMPOSTELA?? REMBRANDT ou VELÁZQUEZ??.

 

|

20.7.04

Flotando na historia...
 
Para mellor explicación das camisetas REINTERPRETACIONISTAS:
 
La principal contribución artística de la década - esta a falar dos sesenta - fue la aparición de la imagen "apropiada", o sea, el "apropiarse" de imágenes con significado e identidad establecida y otorgarles nuevo significación e identidad. (ARTHUR C. DANTO).
 
Curioso simbolismo:
O centro xeográfico do territorio galego é unha aldea na que viven dúas persoas  chamada NUGALLÁS (o que en castelán sería "vagos").
 

|

19.7.04

VARIACIÓNS
Más triste que un torero, al otro lado del telón del grelo (JOAQUÍN SABINA)
 
CRÍTICA MUSICAL
Presentei oficialmente na casa aos Strokes. Púxenlle un clip deles á miña avoa (parece que a relación entre o grupo neoiorquino e mais eu se consolida).
 
-¿E eses de onde son?
-De Nova York madriña.
-Boh!!! Deixate de burradas. Mira que non hai música bonita neste país ou en América Latina. A eses aínda non se lles entende nada.
- (...)
- Boeno polo menos son ben novos. Serán do teu tempo ¿non?.
 
ADQUISICIÓNS
Merquei o disco Parallel Lines de Blondie (que viña co País). Observen a diferencia de matiz de cando un fala de loira neoiorquina (Blondie) e que cando un fala de loira galega (Raza de gando).
 
VISIONADOS
Historias de la Radio  de José Luis Sáenz de Heredia. Ano mil novecentos cincuenta e cinco. Película de recomendable visionado.
Planta 4ª de Antonio Mercero.  Ano dous mil tres. Xeito de elegante e tenro de plasmar o drama do cancro infantil (con momentos desiguais no seu transcurso). 
 
AGASALLOS
A camiseta "á galega" da warholiana Sopa Campbell. En vez de Sopa Campbell pon "GRELOS".  Resulta curioso o auxe destas camisetas nas que se da unha visión enxebre dos símbolos universais ( que ten como máximo expoñente a xa mítica prenda que pon PEMAN imitando a simboloxía de SUPERMAN). Este fenómeno podémolo etiquetar como REINTERPRETACIONISMO que viría incluido dentro da tardo-posmodernidade.
 
NOVAS LOCAIS
Magno acontecemento na lucense vila de Vilalba. Hoxe dezanove de xullo do dous mil catro inagurouse nesa localidade a Fundación MANUEL FRAGA que terá como sede a casa natal do ilustre chairego. O acto contou coa presencia do citado e de parte da súa corte. ¿Estamos ante o nacimento do FAES galego?.
 
Ademáis diso e xa dentro do ámbito deportivo, o equipo local, o Racing Vilalbés, non puido cun Deportivo da Coruña que resultou ser moi superior. O marcador final foi de nove- cero a favor do visitante.
 
Itinerancia Periférica: Vilalba - A Coruña - Miño.
 
De volta ao mar.
 
 

|

18.7.04

Antonio Vega: poesía, heroína e guitarra.
 
VARIACIÓNS:
Where carallo is my mind? (THE PIXIES).
 
Se PERIFÉRICOS fose música sería unha canción de Antonio Vega: melancolía, timidez e amor (moito AMOR).
 
Comenatario machista dun coruñés do ano 2179: Joder chorvo é que as pavas so se fixan no ordenata que tes. 
 
Nesa (naquela) época non paraba de escoitar o dueto que Antonio Vega fai cos ELEFANTES no seu disco ESCAPADAS. Non o paraba de escoitar ata que chegaches acurrucada baixo o enorme e musculado brazo del.
 
Elementos do feito diferencial:
A resistencia a reproducirse (Galicia ten unha das taxas de natalidade máis baixas do  mundo).
 
Haberá galegos no 2502?

|

17.7.04

Pousando a miña mirada indiscreta en ti, ménade do século XXI.
 
Onte non houbo "posts" impediumo a itinerancia periférica: Miño - A Coruña - Compostela - O Grove - A Toxa -Vilalba.
 
TERCEIRO DÍA DE BÚSQUEDA DE PISO PARA ESTUDIANTES EN COMPOSTELA (E PENSABA QUE O SEGUNDO DÍA ERA A PARTE FINAL ILUSO DE MIN)
Brutal pateada como exercizo de demostración práctica para que as proxenitoras se convencesen de que o inmueble elixido polos seus fillos era a "opción menos mala" e posterior depósito da fianza.
 
¿CONTINUARÁ? (desexo persoal: espero que non)
 
Por certo CIBERNÉTICAS FELICITACIÓNS polo teu aniversario compañeiro de piso.
 
O concerto de Lou Reed  de onte (que tivo unhas inxustísimas críticas negativas na prensa) devolveume á Nova York dos beats, de Warholl, de Rauschenberg e do TAD.
 
É certo, doenme facer está comparación tan ao modo do PAÍS DE LAS TENTACIONES,  pero sen a VELVET non habería The Strokes.
 
The Cure seguen sendo unha fotografía dos oitenta. Unha volta a través dos seus teclados ao paraíso perdido.
 
Nunca escriberei o suficiente sobre a sensación de armonía que sinto ao mirar o mar. 
 
Nen o País Semanal pode descubrirnos o significado que agochan os "perfiles prebrutalistas" (sic) dos cilindros de Santa Clara.


|

15.7.04

Crise total en PERIFÉRICOS: No día de hoxe dúas visitas ata o momento. A buscar xeitos de financiación engado lanzar campaña mediática agresiva para captar lectores (descarto striptease en plan FULL MONTY).

Elementos do feito diferencial:
O grupo de gaitas que ensaia TÓDOLOS DÍAS no campo que hai diante da miña casa de nove p.m. a once e media p.m..

Percepción sobre a lingua:
A desgraciada politización do galego (desgraciada insisto).

Denominación do réxime político de España: DEMOCRACIA INMOBILIARIA.

Títulos para un novelo satírico:
Don Celidonio da leira ao cemento

E o que me queda hoxe de páxina enchereina de pensamentos positivos.
SEARCHING...
Os paseos pola praia.
A tortilla de patacas para cear.
O son do mar.
O moreno que me estou poñendo.

|

14.7.04

Os soños: fortalezas transitorias, castelos de area.

Variacións:
I was looking for a flat, and then I found a flat
and heaven knows I´m miserable now. (THE SMITHS)

Diálogos de Cibercafé:
A ver Quijote!!! (12 ANOS)
Quen carallo é Quijote? (11 ANOS)
Eu (14 ANOS)
Quen vai ser senón!! (15 ANOS)
A ver Quijote por que non o matas? (12 ANOS)
Paso de matalo a ese a min non me fixo nada. (14 ANOS)
Acojonao! Xa o mato eu. (11 ANOS)
Moi ben feito Chiquetete. (15 ANOS)

E logo hai quen pensa que as computadoras non fomentan o diálogo e as relacións sociais.

Drama persoal posadolescente: Non me aparece na páxina web o contador.

Proxectos para este novo milenio:
Ir a un concerto de Paco de Lucía.

|

13.7.04

"Es tan largo el amor y tan corto el olvido" (PABLO NERUDA, cito de memoria)

Itinerancia Periférica: Miño - A Coruña - Compostela - A Coruña - Miño.

Novas Periféricas: Rexeitada a proposta para que a Xunta, os Fondos FEDER, Cacharro Pardo, Baltar, a Deputación da Coruña, a USC e a Comisión de Festas do Alto de Xestoso subvencionen PERIFÉRICOS.

SEGUNDO DÍA DE BÚSQUEDA DE PISO PARA ESTUDIANTES EN COMPOSTELA (PARTE FINAL)
Lugar onde atopamos o piso: No bar MOMO as dúas da mañá (unha historia demasiado longa para explicar)

Criterio de elección: Por descarte ao borde da tolemia. Podería dicirse que a opción "menos mala".

Características do piso:
NEGATIVAS: Non ten calefacción, non garda as convencións estéticas do momento, é interior, a lavadora está no baño e no tocante ao servicio é mellor non pensar mentras se utiliza.
POSITIVAS: É barato, está céntrico, os colchóns son amplos e novos, é un terceiro con ascensor, ten dormitorios amplos e o mellor... rumoréase que as veciñas do lado están de bo ver.


|

12.7.04

PRIMEIRO DÍA DE BÚSQUEDA DE PISO PARA ESTUDIANTES EN COMPOSTELA.

Horario de erguerse: 7:40 a.m.

GRANDES CHOLLOS:

ATENCIÓN IMPRESIONANTE (OU IMPRESENTABLE) PERO REAL:
PISO EN LAVERDE RUIZ CON VISTAS AO COLEXIO MAIOR AROSA, SEN CALEFACCIÓN, CON COCIÑA REFORMADA (NO QUE ANTES ERA UN ARMARIO EMPOTRADO), CON NEVEIRA NO COMEDOR (PORQUE NON CABE NA COCIÑA) E CAMAS A CAMBIAR (SOMIER E COLCHÓN): 360 EUROS + COMUNIDADE.

KILÓMETROS RECORRIDOS: Aproximadamente 15 quilómetros (tirando polo baixo)

RESULTADOS... SEGUE BUSCANDO.

E MAÑÁ MÁIS.

|

11.7.04

Poderán dicir que nunca seremos grandes pero nunca poderan dicir que non fomos honestos.

Dous días de vacacións e xa estou empachado de televisión.

Tendo en conta que agora escribo nun Ciber no que me cobran por media hora un euro trinta (onde ademáis do ataque das moscas carnívoras teño que soportar os insultos a toda voz de cativos que están xogando en rede) e que o tempo que me queda de vacacións son exactamente oitenta e un días, a publicación diaria de PERIFÉRICOS ao remate do verán sairame a: CENTO CINCO EUROS CON TRINTA.

Proxectos para este novo milenio:
Conseguir unha forma de financiación estable de PERIFÉRICOS durante o período estival.

Proposta para título de película de SERIE Z (Tome nota a colectividade FRIKI):
O ataque das moscas carnívoras no cibercafé.

Desconecto e continúo vexetando.



|

10.7.04

Tiña que estar publicado isto onte pero... "os problemas do directo".

Demasiadas palabras para un verso

Sabes cal é a diferencia entre último e derradeiro? Por exemplo, se eu voltase en outubro coa maleta chea de garavatas á miña nova habitación individual con baño interior e toma de internet eu diría que hoxe é o meu último día no Colexio. Nerbangantes como iso non será así (xa non haberá) teño que dicir que hoxe é o meu derradeiro día de colexial.

Con isto e máis coa túa lectura diaria de PERIFÉRICOS quedas aprobado nas clases cibernéticas de lingua galega. Xa estás preparado par ler a Vicente Risco e a tódolos autores galegos que lle gusten a Trapiello.

Por suposto que nunca proporei o teu nome para o Día das Letras Galegas. Sabes o que suporía iso?? Sería un desastre!!!. Sería sinal de que as elites culturais do país estarían recoñecendo a nosa laboura. Isto nos levaría a preguntarnos "¿en que hemos fallado?". Deixaríamos de ser os "epígonos do parnaso"´, pasaríamos de PERIFÉRICOS a EPICÉNTRICOS. Buffff!!! Menuda traxedia!!! Non o quero nin pensar.

Bueno Mestre (con maiúscula), por levarme cos teus grandes ollos ao sosego dos tempos de pantalón corto e gomina e demostrarme que os nosos custodios se poden sentar a comer tódolos días ao noso carón, agora máis ca nunca HOXE COMEZA TODO.

Nota ao pe: Gracias por ser (PRIETO SOUTO, 410)


|

8.7.04

Marcharei calado
(a Carlos)

Marcharei calado como a noite en Salzburgo.
Marcharei calado
lembrando en pasado,
vivindo en presente,
soñando en futuro.
Marcharei calado,
calado e só (pero non totalmente porque sei que
sempre nos quedará Praga).

|

7.7.04

PROLEPSE

Xa non haberá
(a Jaime)

Xa non haberá mesa con mantel de tea nen computadora na pranta de abaixo,
xa non haberá horarios de chegada nen proxección en pantalla xigante.

Xa non estarás ti diante de min nen eu diante de ti.
Xa non estará el (¡menos mal!).
Xa non estarei...
PERO SEGUIREI SENDO.

|

6.7.04

CERO

En xerundio: durmindo, comendo, estudiando, existindo, amando, hueveando e webeando.

E Santiago non era nen Oxford nen Manhattan. Santiago é inconfundiblemente Compostela.

IMPERFECTAMENTE PERIFÉRICOS: 1000 VISITAS.

|

5.7.04

UN

Todavía é moi pronto para falar deste ano. Seguro que hai cousas boas. Imos pensar... O xoves saquei a nota máis alta no exame de Fontes da Historia da Arte Antiga e Medieval (un 9,7) ufffff!!!!!! A primeira vez que me pasou iso emocioneime tanto que me puxen a facer un TAD (be careful!!!!)

|

4.7.04

DOUS

Platerías está no TOP TEN de sitios máis bonitos do mundo onde un pode facer botellón. Moitas noites de xoves pasamos alí. Exquisitamente entraxetados, calzando rigorosas zapatillas de cor chillón (son os crueis efectos da posmodernidade) e lucindo na solapa as nosas mellores chapas (a modo de guiño retro). Para min Santiago xa non era Oxford senón que era Manhattan e eu xogaba a ser unha mistura entre Woody Allen e os Strokes.

Pero comeza a decadencia da que eu non podo explicar as causas. Os que se foron levaban libros e os que viñan traían o Marca e ordenadores persoais (xa ninguén usaba o MAC). A sa de estar estaba baleira e a sa de computadoras estaba chea. Era a invasión do nu-metal e a tecnoloxía depredadora (por certo este sería un gran título para un filme de SERIE B ou Z, tome nota a colectividad friki).

|

3.7.04

TRES

Hai tres anos coñecín a Oscar Wilde. Ti dicías que eu era un "esteta" porque lía a Ruskin e a Wilde e para matizar o meu incipiente paganismo décheme a ler a ambigua Retorno a Brideshead. Con tanto inglés no meu maxín todo era Oxford.

Eran os días do xersei vermello de cuello alto e das carreiras pseudorrevolucionarias (que para nada serviron). Ese ano aprendín a través dos excesos e as violencias gratuitas que o Maio do 68 nunca puido ser tan ideal como nos contan os xornalistas.


|

2.7.04

ANALEPSE
Comeza a conta atrás...

CATRO

Catro anos atrás a lembranza xa se cubre de ocre.

Diante da miña fiestra vexo a cruz do Convento das Carmelitas en fronte do fascinante cilindro de granito que coroa Santa Clara, creo que nunca comprenderei o significado dos cilindros de Santa Clara e polo que puiden ler sobre o tema ninguén os comprende.

Estou tumbado na cama lendo (daba igual o que: Kerouac, Sartre, Erasmo, Cela). A lectura é unha evasión, non quero pensar nos libros que teño no estante, non os quero abrir, en realidade, non os podo abrir.

Hai sete meses que non vou clase (pero esto é un segredo ninguén o sabe so ti e eu). De súpeto un pitido interrumpe a miña lectura, no marcador aparece o número 30. Ese son eu, o número 30.

Corro a coller o teléfono que está ao fondo do pasillo. Ao outro lado da liña a voz cálida da miña nai. As cousas na casa non van ben, ela non di nada, eu sei que non van ben, ela cala,
pero non van ben.

E sen embargo foi o mellor ano da miña vida.

|

1.7.04

As verdades do sofista
(Percorrido antolóxico a través das frases máis recorrentes da subespecie humana coñecida como "VAI DE GUAY" -en inglés BY THE WAY-)

1º- "O Cine español é unha merda" (Sen ter nen idea de cine).
2º- "A literatura galega é unha merda" (Sen ter nen idea de literatura).
3º- "É o mellor grupo hai neste momento" (Sen ter nen idea de música).
Concreccións:
"Alfred Hitchcock non é un bon director" (O que non tiña nen idea de cine).
"En galego só hai boa poesía" (O que non tiña nen idea de literatura).
"Os Red Hot son os mellor grupo que hai" (O que non tiña nen idea de música).

Todo isto hainno que dicir moi serio mostrando gran convicción, por suposto é necesario non ter nengún coñocemento da área tratada.
Variacións:
o rostro de pena
a actitude de indignación.

Opinión persoal: ASQUEROSO (Buagggggggg!!!)

|
Señores isto remata...

Outras Meninas exposición no Centro Cultural Caixa Galicia en Compostela. Especialmente recomendable para observar os avances, logros, excesos, defectos e limitacións da posmodernidade.

E mentras os neofolkis bailan no Festival de Ortigueira
ao ritmo da gaita da preciosa Susana Seivane nos estaremos posmoderneando na Cultura Quente de Caldas.

Canto lle quedará ao paradigma posmoderno? No caso de que aínda non esté esgotado.

Existe vida intelixente alén de Castelao? Xulgen vostedes mesmos




|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License