<$BlogRSDURL$>

20.11.04


Masterpiece


En mil novecentos sesenta e dous Roy Lichtenstein pintaba Masterpiece, un óleo sobre tela de cento trinta e oito centímetros de longo e ancho. Para a composición da obra Lichtenstein elixe a unha parella dialogando mentras observan un cadro que nós non coñecemos pois só se nos mostra o seu revés. A peza complétase cun texto a través do que coñecemos o que ela lle está dicindo a el: "¡Pero Brad , querido, este cadro é unha obra mestra!. Creeme dentro de pouco toda Nova York reclamará a berros as túas obras".

O rosto de Brad ten faccións regulares e ben debuxadas que ben puideran remitir ao modelo de galán clásico hollywoodiano (non do tipo de Bogart senón do tipo de Grant ou Hudson) ou aos heroes cotidianos do comic estadounidense dos cincueta (Grand Canyon por exemplo). Tamén ela parece unha starlatte do Hollywood dos corenta, cos seus beizos vermellos e os cabelo de rubio platino.

Formalmente o cadro mostra moitos das características do Lichtenstein máis pop: un debuxo preciso e uniformador, fortes contrastes, cores primarias e a introducción de texto. Pero máis que formalmente o cadro nos interesa como intento de achegar o "gran arte" (pintura) coa "arte da cultura de masas" (comic) e o fai en palabras de Arthur C. Danto "llevando hasta lo monumental el estilo banal y universal que utiliza para describir el mundo real a espectadores versados en la historia del arte popular".

En xeral, este interese polos productos da cultura de masas son unha característica do movemento pop. Sen embargo, o crítico ao que se lle atribúe o concepto "pop", o británico Lawrence Alloway, falando de como xorde este termo dirá " Usei o térmo e tamén cultura pop refiríndose aos productos dos mass media, non as obras de arte que se sentisen atraídas pola cultura popular". Resulta interesante como Alloway diferencia arte de cultura popular, aplicado a esta obra parece que aceptase que este cadro de Lichtenstein fora arte pero non o seu referente os comics por ser un producto directo da cultura de masas. Se un cadro de Lichtenstein pode ser arte ¿non deberíamos calificar ao comic do mesmo xeito?.


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License