<$BlogRSDURL$>

9.11.04

Efectivamente, non había camas. Facendo tempo ata as oito, saíndo o día que en teoría non íamos a saír e durmindo no coche e... ¡¡¡¡non había camas!!!. Pero o peor é que a rapaza que nos atendera o día anterior trabucárase, que nunca houbo camas, que só hai tres habitacións para alugar e as prazas sempre se cubren mediante reserva. Se antes había que fotografar as caras das persoas que pasaban por diante do coche agora habería que fotografas os nosos rostros ollerosos, pálidos e cansos. Sen ideas, chamamos a outros compañeiros que se aloxaban nun piso no que non cabíamos todos nen enlatados. Collerónnos o móbil despois de moito chamar e faláronnos dunha pensión: "A Corticela" que, en teoría quedaba nesa mesma rúa. Fomos ata o fondo da rúa e voltamos ao comezo, voltamos ata o fondo da rúa e regresamos ao comezo. ¡¡¡¡Non había nengunha pensión nesa rúa!!!. Os compañeiros non collían o teléfono, tamén saíran a noite anterior. Así que só nos quedaba preguntar por "A Corticela". Son as nove e media da mañá.... (to be continued)

Hoxe é trece de novembro ¡Nunca Máis!

Axenda cultural
O profesor da USC David Chao Castro exporá este mércores, día 10, a súa liña investigadora nunha conferencia enmarcada no I Ciclo de Conferencias Abertas Lecturas para a Historia da Arte do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago.
Na conferencia, que terá lugar na Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia ás 20:00 horas baixo o título ‘A iconografía rexia en Castela na Baixa Idade Media, séculos XIV-XV’, presentaranse as imaxes e símbolos de poder e piedade derivados do estudo dalgunhas manifestacións artísticas patrocinadas pola dinastía Trastámara, como é o caso dos enterramentos rexios de Toledo ou Toro, ou dalgunhas pinturas, miniaturas e obxectos devocionais. A través deste estudo o autor afonda no significado de certos elementos iconográficos -como a coroa, o cetro ou a espada- que non sempre aluden a unha imaxe de poder, senón que en ocasións poden amosarse como representacións de humildade segundo o contexto no que se inclúan. Tamén nesta xornada tomará a palabra Karina Ruíz Cuevas coa comunicación ‘Combinación de materiais e técnicas na escultura novohispana do século XVIII’.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License