<$BlogRSDURL$>

22.10.04

Estimado xxxxxxxxxx:

Hoxe estaba nunha das túas inmobiliarias. Ao meu carón estaba unha rapaza falando cunha das túas empleadas. Como o teu electricista non aparecía e no piso estaban completamente sen luz resulta que ela e as súas dúas compañeiras chamaron un electricista destes que se anuncian nas páxinas amarelas en letras ben grandes. O amaño foi un chorrada e cobroulles unha burrada.
A rapaza en cuestión acudiu á túa inmobiliaria para ver quen se facía cargo da factura. Tres dos teus subordinados rasgábanse as vestiduras chamando estafador ao electricista. Queixándose dos seus servizos, dicindo que case todos eran uns estafadores.
Pero chegou a pregunta: Quen se fai cargo daquela da factura?. A túa empleada hábilmente díxolle que ela reclamaría a consumo. A rapaza insistiu: Pero no caso de que a haxa que pagar? Xa non había escapatoria, a túa traballadora tivo que dicir a verdade: Pois daquela terala que pagar ti, ao menos que o propietario se faga cargo. Pero o propietario non se fará cargo porque non foi un dos teus electricistas o que fixo o amaño e daquela non ten a obriga a pagalo, e ti (a pesar de non mandar o electricista) moito menos vas a pagar a factura a un electricista que non sexa dos que traballan contigo. Así que a pobre rapaza pola túa culpa, por non lle mandar cando debías o electricista, ten que facerse cargo dunha factura de carallo. E eu que estaba ao carón calei, calei porque son un capullo, porque senón diríalle aos teus empleados que nos estivemos máis de vinte días sen luz na cociña porque non nos mandástades o puto electricista, e agora temos luz porque o meu compañeiro de piso se decidiu a amañalo el só. Pero calei e aínda me ferve a sangue e o veneno que traguei está apunto de explotarme o fígado. E eu calei, coma sempre calo, e a rapaza comezou a chorar.
Atentamente:
Un damnificado da especulación inmobiliaria.


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License