<$BlogRSDURL$>

29.10.04

As eleccións de Norteamérica chegan á miña casa: "Eu que quero que gañe Kerry que é do partido de Clinton e dos Kennedy pero vai gañar Bush que eche o dos ricos".

Nen polas boas críticas, nen polos premios, nen pola publicidade, eu quería ver En Construcción porque hai tempo que me crucei con Guerin pola rúa. Foi un día de orballo na compostelana Algalia de Arriba. Só, altérrimo e delgadérrimo, enfundado nunha gabardina e resgardado da choiva pola súa inconfundible pucha. Ía mirando cara riba, despaciño, observando as casas, radiografíando a rúa, quizáis pensaba que ese sería un lugar ben fermoso para filmar. Hoxe, ao fin, alineáronse os astros para que puidese ver En Construcción. Con esta película reatopeime, despois de Troia, co meu cine, co cotiá, coas pequenas historias, coa humilde beleza e a beleza humilde. En Construcción é un poema visual neorrealista, pero un neorrealismo levado ás súas últimas consecuencias, á verdade do ordinario. Uns diálogos impresionantes nacidos do día día, unhas improvisadas esceas preciosas, unha hipnotizante "estética da ruina". A destrucción para a construcción, o troco do paisaxe urbán e da morfoloxía humana, a vida sen máis. Un producto honesto, unha cima no cine español (senón ao tempo).

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License