30.8.04
Tiñamos razón!!! Voltan os oitenta!!, Xa hai catro anos que o levamos dicindo. A nosa tese pode ser formulada en conspicuos termos filosóficos sen que poñamos roibos. Sen embargo a nosa teoría do retorno de estilos non é tan novedosa como críamos, hai poucas cousas que non estén inventadas, mecachis!!!. Bürguer fala de neovangarda para referirse ao retorno que se produciu na arte de certas actitudes das vangardas históricas, Hal Foster (posestructuralista, que frías me parecen a apliación á arte das teses defendidas polo estructuralismo lingüístico) fala de primeira neovangarda para referirse ás obras de Rauschenberg como rescate das técnicas dadaístas e segunda neovangarda para denominar certa a arte dos sesenta (como o minimalismo e o pop). Nestas neovangardas institucionalizaríase a provocación dada, a provocación pasaría de ser unha molestía para o espectador a ser unha necesidade. O que nos pensabamos que era tan orixinal xa estaba presente en Marx quen nunha das súas creacións escribiu que a historia sempre se repite dúas veces: a primeira como traxedia e a segunda como farsa. Tal cual ocorre neste retorno burgués dos oitenta.
Comments:
Publicar un comentario