<$BlogRSDURL$>

31.8.04

Primeiro amencer no piso. Pasou a noite sen incidencias (menos mal!) pero a cisterna segue inhabilitada e a axencia segue sen dar novas de vida (still alive?) así que me presentarei alí en persoa con cara enoxada (impoñendo, se é que podo impoñer algo) para preguntar que "¿qué hay de lo mío?". Ademáis teño que rematar de repasar o texto e a bibliografía do T.A.D. (dou públicamente ás gracias a quen lle corresponde por deixarme o ordeador persoal) e mercar o imprescindible para vivir (co lío dos exames e o T.A.D. estes primeiro días de aclimatamento no piso van ser en plan oku pa). Como o que queda por facer é moito desconecto: cambio e corto, hai alguén que me reciba?.

Non se perda mañá en PERIFÉRICOS o segundo ramillete de GREGUERÍAS.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License