<$BlogRSDURL$>

3.8.04

O primeiro día de estudio é como a volta de recoñecemento. Fáltame isto (porque non iría ese día a crase!!), mira ti isto o teño repetido, a ver se pillo este libro na biblioteca (que seguramente xa estará pillado), buff!!! cantos apuntamentos!!! pensei que non eran tantos!!, etc... etc... O caso é que non estudias nada pero polo menos sabes que tal vai o motor.

A estas alturas de multiculturalismo é difícil que algún producto artístico sorprenda. A pesar do síndrome da aldea global, das guías de viaxes, de internet e de Galeguidade (un programa da TVG) Oriente segue a ser ese gran incomprendido -culturalmente falando- so fai falla ver Lost in traslation. "Cuentos de la luna pálida de agosto" é un filme do xaponés Kenzo Mizoguchi. Realismo máxico, sordidez e ambición. Sensualidade, ambiguedade e suxerencia. Un mundo carnal cheo de irrealidades no que as paixóns desatan a traxedia. Na era do multiculturalismo un filme xaponés do ano cincuenta e tres ten a capacidade de sorprender ao espectador. Resulta curioso cando menos.

E pola noite farei un horario de estudio que nunca cumprirei porque o fago? atavismo? trauma freudiano?.

Na praia chove e troa (nubes e neboeiros, marexada forte marexada con ventos de forza tres)

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License