24.8.04
O menú da comida da xuntanza celebrada onte no restaurante A Cabana de O Pedrido entre Fraga e Rajoy.
PRIMEIRO PRATO: Revolto de grelos con cigalas.
SEGUNDO PRATO: Lomos de pescada recheos de centolos.
VIÑOS: Terra Gauda etiqueta negra (Albariño) e Quinta de Ventozela Vintage (Oporto).
Ademáis da comida Rajoy disfrutou dun puro Partagás nº4.
Onte fun a Compostela que estaba ateigada de turistas (cartiño fresco) aínda que había menos dos que esperaba (digan o que nos digan dende San Caetano corren malos tempos para a hostalaría). Fun a refacer o D.N.I. (deixo de ser un ilegal con papeis) e a buscar libros de Hal Foster. Do crítico estadounidense atopei en castelán unha entrevista que lle fixo Ana María Guasch e máis un libro interesante: El retorno de lo real. La vanguardia a finales de siglo. Ademáis pillei un libro de Thomas Crow que parece interesante para a última parte do T.A.D.: El esplendor de los sesenta. No envés da viaxe está que non puiden visitar a "Arañeira" do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) e a mostra de 7000 anos de arte persa, que se vai voltar de Irán sen que a vexa (snif! snif!)
|

Comments:
Publicar un comentario