<$BlogRSDURL$>

25.8.04

Novas neomods:
Concerto de The Hives na Sala Aqualung de Madrid o martes dezanove de outubro.

Con esto de ler tanto a DORFUNTECA (véxase webeando) estame a picar o becho das novas tecnoloxías (que están deixando de ser para min unha frivolidade para pasar a ser unha utilidade). Así que me propuxen deixar de ser un analfeto funcional cibernético (despois dos exames of course). Ademáis teño gañas de mercar un ordeador persoal e unha cámara dixital ( para os que non teño cartos pero tampouco teño prisa). Por iso, agardando no tedio da estación de autobuses de Coruña, caín na tentación publicitaria do vermello e o amarelo e comprei a revista PC Today que traía unha lista das cen millores cámaras dixitais do mercado e dos dez mellores ordeadores persoais de menos de mil cincocentos euros (detalle importante o do prezo). Non sei se será moi fiable pero polo menos resulta interesante para saber o "estadio" de evolución no que se atopan estes aparatos. Espero, si este ano me voltan a conceder a bolsa do estado, invertir responsablemente en novas tecnoloxías como complemento necesario da miña formación (o do inglés deixareinno para máis adiante).



|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License