13.8.04
Hoxe estou contento. Oh novidade!!! exclamará o habitual lector de PERIFÉRICOS ¿Porque estou contento? se preguntará o avizado internauta (indiferente resulta se está en Cracovia ou en Ferrol). A resposta é moi simple: casi-casi-casi teño rematada a terceira parte do meu T.A.D. A caída do paradigma formalista: Clement Greenberg. Clement Greenberg foi o primeiro crítico artístico norteamericano con categoría literaria (ou iso pensa Dore Ahston). Era un formalista (tamén se declara así a nosa Iolanda Castaño). Foi o que máis forte apostou pola arte estadounidense nun momento en que París continuaba a ser a capital mundial da arte e Estados Unidos era considerado un país PERIFÉRICO -artísticamente falando-. ¿Que pasou daquela para que deixasen de ser vixentes as teorías deste crítico que tan forte apostou polo primeiro estilo estadounidense que acodou renome internacional (o expresionismo abstracto)? Pois o que pasou é que a arte fixo ¡pop!. E Clement Greenberg nunca entendeu o pop.
Só me fai falla completar o tema coas teses de Hal Foster (por certo que sobre este teórico do que non teño nin idea acepto todo tipo de suxerencias constructivas).
|
Só me fai falla completar o tema coas teses de Hal Foster (por certo que sobre este teórico do que non teño nin idea acepto todo tipo de suxerencias constructivas).
Comments:
Publicar un comentario