<$BlogRSDURL$>

30.8.04

Fixen o test que aparece na DORFUNTECA (remito a webeando), este foi o resultado: "Tu ideología política parece ser de...APOLÍTICO No tienes una ideología política definida, o no la quieres mostrar. Puedes que seas alguno de esos votos ocultos que destrozan las predicciones o puede que ninguna de nuestras preguntas hayan sido capaces de definir tu ideología".

Voltei hoxe a Santiago. Como xa dixen Compostela parece ser a excepción ao fluir de Heráclito. Fraga segue mandando a golpe de gaita, autopista, polvo e lacón (e parece que a cousa vai para rato), a Praza Roxa segue en obras, os estudiantes van chegando pouco a pouco para os exames de septembro e a catedral segue proxectando ao ceo a súa arrogancia granítica. Nada cambia e todo permanece. Pero non todo segue igual, esté é o primeiro ano de experiencia autónoma nun piso. O inicio foi como unha peli de Woody Allen, a presencia deste suxeto na miña vida estase convirtindo nunha pesada coincidencia, un voreo para atopar a chave da luz e da auga e aínda por riba cando xa parecía que todo ía, resulta que o water anda medio defecuoso e non para de botar auga, para pechar a auga do baño dinlle a chave (acto lóxico) pero como a chave está moi vella enriba de non pechar a auga comezou a gotear. Pero bueno, os inicios nunca foron fáciles. Así que pasarei esta noite soíño como Juan sin miedo agardando a que chegue o compañeiro de piso. Estou contento de estrear oficialmente piso e etapa, espero que dure.

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License