9.8.04
E de novo está aquí PERIFÉRICOS
E o domingo ao final houbo pouco música folk pero moita e moi boa conversa.
Así está o país
Tres universidades, cando podíamos ter unha, descentralizada, equilibrada e capaz de aproveitar os recursos de que dispoñemos (...), tres ou catro museos de arte contempóranea, douscentos parques industriais (sen industriais), cinco institucións para o estudio da lingua e da cultura (ás que ninguén fai caso), obras faraónicas ( a Cidade da Cultura) de futuro incerto ou sen definir, bibliotecas sen dotación, cultura de espectáculo de masas, festa rachada, (...), piscinas climatizadas que custa millóns manter activas (e de utilización precaria), trescentos trece concellos (tantos como en todo Portugal) sen recursos propios e con poboación en caída libre, paseos marítimos a toda costa... (Víctor Freixanes na VOZ DE GALICIA).
E voltei a casa pensando en ti. Hai cousas que non poden ser, que non deben ser, que nunca serán.
Mañá máis.
|

Comments:
Publicar un comentario