<$BlogRSDURL$>

19.7.04

VARIACIÓNS
Más triste que un torero, al otro lado del telón del grelo (JOAQUÍN SABINA)
 
CRÍTICA MUSICAL
Presentei oficialmente na casa aos Strokes. Púxenlle un clip deles á miña avoa (parece que a relación entre o grupo neoiorquino e mais eu se consolida).
 
-¿E eses de onde son?
-De Nova York madriña.
-Boh!!! Deixate de burradas. Mira que non hai música bonita neste país ou en América Latina. A eses aínda non se lles entende nada.
- (...)
- Boeno polo menos son ben novos. Serán do teu tempo ¿non?.
 
ADQUISICIÓNS
Merquei o disco Parallel Lines de Blondie (que viña co País). Observen a diferencia de matiz de cando un fala de loira neoiorquina (Blondie) e que cando un fala de loira galega (Raza de gando).
 
VISIONADOS
Historias de la Radio  de José Luis Sáenz de Heredia. Ano mil novecentos cincuenta e cinco. Película de recomendable visionado.
Planta 4ª de Antonio Mercero.  Ano dous mil tres. Xeito de elegante e tenro de plasmar o drama do cancro infantil (con momentos desiguais no seu transcurso). 
 
AGASALLOS
A camiseta "á galega" da warholiana Sopa Campbell. En vez de Sopa Campbell pon "GRELOS".  Resulta curioso o auxe destas camisetas nas que se da unha visión enxebre dos símbolos universais ( que ten como máximo expoñente a xa mítica prenda que pon PEMAN imitando a simboloxía de SUPERMAN). Este fenómeno podémolo etiquetar como REINTERPRETACIONISMO que viría incluido dentro da tardo-posmodernidade.
 
NOVAS LOCAIS
Magno acontecemento na lucense vila de Vilalba. Hoxe dezanove de xullo do dous mil catro inagurouse nesa localidade a Fundación MANUEL FRAGA que terá como sede a casa natal do ilustre chairego. O acto contou coa presencia do citado e de parte da súa corte. ¿Estamos ante o nacimento do FAES galego?.
 
Ademáis diso e xa dentro do ámbito deportivo, o equipo local, o Racing Vilalbés, non puido cun Deportivo da Coruña que resultou ser moi superior. O marcador final foi de nove- cero a favor do visitante.
 
Itinerancia Periférica: Vilalba - A Coruña - Miño.
 
De volta ao mar.
 
 

|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License