<$BlogRSDURL$>

28.7.04

Onte fun a corta- lo pelo. Recomendo á Escola de Negocios de Harvard que xa que puxo ao Real Madrid como exemplo de boa xestión dunha sociedade deportiva poña á miña perruquería estival como exemplo de máximo aproveitamento de explotación empresarial do metro cadradro. Nun espacio mínimo estaban tres señoras de idade avanzada e amplas cadeiras cos pes a remollo en cadansúa tina (un espectáculo inédito para min), outra -de similares características ás anteriores- que a quería que a peinasen como a raíña Sofía, outra máis que estaba esperando a que lle tocase a vez (que non paraba de falar das antiaptitudes e antiactitudes do seu marido), as tres perruqueiras e eu lendo o Hola en tanto non me atendían (por certo gracias a esta atenta lectura puiden saber que o fillo de Yoko Ono e Lennon leva tres meses saíndo coa filla de Mick Jagger).

As ruinas contemporáneas non agochan mitos nen misterio senón drama e desastre. Antonte vin GERMANIA. ANNO ZERO (Aviso a navegantes histórico-artísticos foi a película que o profesor Hueso puxo no exame de Historia de Cinema 2). Rossellini filma sobres as ruinas reais do Berlín do ano 48. Horizontes perdidos, brutalidade moral e decadencia na que non hai espacio para os soños da infancia. Outras ruinas de cine son as do Pianista de Polansky (magnífico plano xeral do protagonista so na inmensidade da Cracovia destruida).

As ruinas contemporáneas: Sarajevo, Kabul, Bagdag...


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License